venres, 15 de maio de 2020

VENRES: DÍA DAS LETRAS

Hoxe toca escribir!! Chegamos a venres!!!

Esta semana, como xa  comentamos o mércores,  é semana especial, é a

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

O domingo, 17 de maio é o propio día.

Con tal motivo, hoxe vouvos a propoñer dúas actividades en GALEGO. Espero que resulten divertidas......

Alá vai a primeira:

Imos a facer unha entrevista a Ricardo Carballo Calero,  homenaxeado este ano no día das letras galegas.


  • Título:
    • Algo relacionado coas letras galegas.
  • Presentación:
    •  Presentamos a Ricardo Carvallo Calero e escribimos unha pequena referencia da súa vida.
    • Podes buscar información no blog do equipo de dinamización da lingua galega do cole.

https://ofaladoirodocarballal.blogspot.com/2020/05/letras-galegas-2020.html

  • Preguntas e respostas:
    • Inventa, polo menos,  8 preguntas que che gustaría facer a Ricardo Carvallo Calero.
    • Inventa as respostas, por suposto, todos sabemos que os autores das Letras Galegas xa non viven.  
    • Tamén che poden resporder as túas preguntas papá, mamá, irmáns,......
    • Recorda poñer guións no momento das preguntas e respostas.
    • Divirtete coa entrevista, e para desfrutala e para coñecer un pouco máis ao autor deste ano.

Agora a proposta da segunda actividade



  • Si, si ...esa é a segunda actividade.

  • Pide unha camiseta na casa para poder escribir nela. Se non tes ningunha, debuxamos nun folio unha e recortámola.

  • Colle rotuladores, bolígrafos de cores, pinturas,....... e adiante.......
ESCRIBE O QUE QUEIRAS EN GALEGO NA TUA CAMISETA 

O QUE CHE APETEZA  NESE  MOMENTO!!! 

DISFRUTA ESCIBINDO EN GALEGO!!!!




 ADIANTE ARTISTAS!!!!
  • A última proposta é que o DOMINGO, 17 DE MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS, poñas a túa camiseta, no caso de poder ter camiseta,  ou  pegues  a túa camiseta folio na porta da tua habitación.
  • Para coñecer mellor ao noso autor deste ano, uns xogos.  Fai click na imaxe.
 




http://seminariogalan.org/inicio/ver/468




E despois ,     A XOGAR E LER DIARIAMENTE!!!!!!  

Ningún comentario:

Publicar un comentario