venres, 18 de xuño de 2021

Ultima saida ao monte: Toda unha aventura....

Toda unha aventura resultou a nosa saída ao monte!! Tiñamos moitas ganas!!  Estábamos mirando en todo momento para o ceo a ver se podíamos saír, despois de aplazala e só quedarnos un día para poder levala a cabo. 

Ao final saimos!!! De maravilla fixemos a ruta!! 

Chegamos ao monte e xogamos libremente un pouco. Cando estábamos merendando comezou a chover e tivemos que resgardarnos nun soto que nos cedeu o colexio que está alí preto. Alí rematamos de merendar e fixemos varios xogos, mentras paraba de chover.

Vimos un claro no ceo e regresamos ao colexio.

Non puidemos investigar os animais que había no monte, intentarémolo facer outro día....

 


mércores, 16 de xuño de 2021

As flores no monte

No mes de maio, despois da visita ao monte, descubrimos que temos plantas con flores e plantas sen flores,  investigamos sobre as mesmas na nosa ficha de investigación individual e completamos o noso mural do monte







Repasando as linguas co Blue Bot

Nesta recta final do curso, descubrimos o Blue Bot coas linguas. Xa estiveramos traballando cos escornabots, e agora algo máis simpático e sinxelo, anque o tableiro máis complicado e grande.

mércores, 2 de xuño de 2021

As flores do mes de Maio no noso monte

 O monte no mes de Maio está repleto de diversas  plantas e flores con diversas cores  as cales vamos a investigar...












O noso proxecto do monte.......


 Xa a piques de rematar.... pero ainda nos falta unha que outra visita  e algún que outro descubrimento.....

Podes pinchar na imaxe para ver todo o que investigamos!!!