mércores, 30 de outubro de 2019

Disfrutando do Samaín-Halloween

Menuda semana tivemos de Halloween e Samaín!!! Comezamos o martes cun paseo terrorífico polo monte que nos rodea onde atopamos gatos, esqueletos, bruxas, zombis, cabazas,.... Todo foi un pouco arrepiante!!! O mércores estivemos polo colexio facendo cousiñas: vimos unha curta na biblioteca, contarónnos un conto, cantamos unha canción e depositamos o noso medo no comemedos da biblioteca. Houbo taller de maquillaxe e fixemos cabazas parlanchinas, imáns de esqueletos e vampiros e palliñas para beber fantasmóricas e de morcegos.

martes, 29 de outubro de 2019

A "Nosa" Localidade

Estes días estivemos vendo que é unha localidade, como está organizada, que podemos facer, onde ir, como chegar a unha cidade,..... Con toda esta información aventurámonos a crear a nosa propia localidade e presentarlla aos compañeiros. Para iso, todos elaboramos un folleto turístico da nosa localidade, verdadeira ou inventada.

Pérfida e Caruso

Seguimos descubrindo os compañeiros que viven con Bruxa. Nesta ocasión Daniela e Julián descubríronnos cousas divertidas da escalopendra Pérfida e do rato Caruso.

martes, 22 de outubro de 2019

mércores, 9 de outubro de 2019

Prisciliano, Sétima e Catrovecesduas

Comezamos este curso e este primeiro trimestre tocanos convertir en bruxas e bruxos. Vamos a descubrir o libro de "Bruxa e familia". A súa protagonista presentaronos a todos os compañeiros cos que vive. Nestes primeiros capítulos presentounos a Prisciliano, Cornucopia, Sétima e Catrovecesduas. Cos seus compañeiros investigamos e descubrimos cousas moi interesantes deles.

A Flora no Outono

Comeza o curso e comezamos outro proxecto. Este ano vamos a investigar e descubrir o " Bosque do Carballal". Para iso que mellor forma que ir visitalo e coñecelo. Mans a obra!! Cestas na man, ollos abertos, oídos limpos e a descubrir o monte que nos rodea durante o mes de Outubro!!!

Materia viva e materia inerte no patio do noso colexio!!!

Materia viva?? Materia Inerte??? No patio do noso colexio hai de todo: seres vivos e seres inertes. E alá fomos, a busca de todos eses seres. E vaia se atopamos e de moitas especies, tipos, cores,...

mércores, 2 de outubro de 2019

Separando palabras al final de la línea

Aquí teneis algunos juegos para prácticar como se separan palabras al final de la línea. A jugar y practicar!!!