venres, 12 de novembro de 2021

Magosteando!!!!


 Chegou o San Martiño e chegaron as castañas!!! E coa chegada das castañas chegou o Magosto.

Os alumnos de terceiro e cuarto de primaria estivemos lendo a historia da "Castaña que rebentou de risa" e creamos unha divertida cara con follas do outono e castañas.

Ademáis tamén bailamos co Señor Castañón, fixemos xogos e comimos castañas.

Pasámolo moi ben!!

 

 

mércores, 10 de novembro de 2021