mércores, 7 de xuño de 2023

Un día en Ourense!!!

 O curso remata, e con el, rematan os proxectos e investigacións. E que mellor xeito de rematar que descubrindo o investigado. Fixemos unha excursión a cidade de Ourense!!! Ruta turística polo centro da cidade: Praza Maior, Catedral, As Burgas,... Collemos o tren turístico que nos levou as Termas de  Outariz, onde nos demos un refrescante, ou quente, baño. 

Para rematar o día, despedímonos de Ourense e fixemos unha formidable visita para coñecer o Castro de San Cibrán de Las.

Pasamos un día xenial!!!!