Amosando publicacións coa etiqueta 4º curso 2020/2021. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 4º curso 2020/2021. Amosar todas as publicacións

mércores, 16 de xuño de 2021

Repasando as linguas co Blue Bot

Nesta recta final do curso, descubrimos o Blue Bot coas linguas. Xa estiveramos traballando cos escornabots, e agora algo máis simpático e sinxelo, anque o tableiro máis complicado e grande.

mércores, 26 de maio de 2021

Creando Follas

 Coas follas podemos facer mil cousas!!! Ademais de aprender as súas partes, como se alimentan ou como ser reproducen as plantas, tamén podemos crear diferentes animais ou personaxes.

Aquí están as nosas creacións!!

LENDO CO SOL

 Esta semana volveu o sol e as boas temperaturas!!! 

Ler sempre é un pracer, pero con este tempo, moito mellor. Polo que decidimos  ler no  patio , co sol e os paxaros de fondo.








mércores, 19 de maio de 2021

venres, 14 de maio de 2021

Xela Arias e os escornabots

Este ano traballamos as letras galegas cos escornabots, para elo fixemos un tableiro e guiamos ao escornabots pola biografía de Xela Arias.

 

mércores, 12 de maio de 2021

Talos e Flores

As plantas teñen distintas partes coas que fan as distintas funcións de alimentación, reprodución...  Estivemos descubrindo as distintas partes das plantas, certas curiosidades das mesmas e tamén empregamos a nosa creatividade para facer cousas moi fermosas cos talos e as flores.

martes, 4 de maio de 2021

As nosas rochas e minerais

 

Comezamos a coñecer o medio que nos rodea, no cal hai seres vivos e seres inertes.  Observamos que temos rochas e minerais  e descubrimos as  suas características. 

Analizámolas e transformámolas no que nos quixemos.

Este é o noso resultado do estudo das rochas e minerais!!!

luns, 26 de abril de 2021

Jugando con los verbos

Después de trabajar con los verbos, ahora toca ponerlos en acción. Y para ello, dados en  manos y a jugar con los dados y a saltar con los verbos conjugando.

Día do libro

Esta semana  seguimos disfrutando do mundo maravilloso dos libros, pero non coma todos os días, de forma diferente: reciclamos libros, facendo marcapáxinas, démoslle voz a un libro, recomendamos libros,...

venres, 9 de abril de 2021

O noso monte en Abril

Segunda saída ao monte!! Esta vez observamos o monte de forma diferente. Observamos  as cousas que non deben estar no monte. Puxemos luvas, collimos bolsas e sacamos do monte o que  non era do monte. Como chegarían ata alí? que pode ocurrir se as deixamos no monte?

venres, 26 de marzo de 2021

O noso monte en Marzo!!

 

Comeza o noso descubrimento do monte que nos rodea. No mes de marzo atopámonos o monte así de precioso!!!

Cómo estará en abril?

xoves, 25 de marzo de 2021

venres, 12 de marzo de 2021

Os nosos Ollos

Seguimos descubrindo todo o que nos rodea a través dos sentidos. Esta semana tocounos investigar sobre o ollo. Todos nos fixemos olliños moi bonitos e cada compañeiro ensinounos algo novo do ollo que non coñecíamos.

mércores, 3 de marzo de 2021

O noso tacto

Esta semana comezamos a traballar os sentidos..... e tocounos o TACTO.... cada un trouxo diversos materiais e traballos nos cales experimentados moitas sensacións distintas...

martes, 23 de febreiro de 2021

Explotando os nosos medos!!!

Hoxe tocounos reflexionar sobre os nosos medos.... Comezamos sendo auténticos Pinochos... para sentirnos como marionetas, e cómo nos sentimos se nos cortan o fío das marionetas???

Nos probamos... e  o noso corpo deunos unha sorpresa.

Logo fomos ao patio... para explotar os nosos medos. Primeiro metímolos nos globos, logo para que se marcharan moi lonxe... explotámolos!!!

xoves, 11 de febreiro de 2021