domingo, 27 de febreiro de 2011

ACHÉGASE O ENTROIDO!!!

O venres 4 de marzo celebraremos o Entroido no cole. Aquí vos deixamos o programa da festividade, no que se recolle as ordes do meco. Temos por diante unha semana chea de diversións!!!!

xoves, 24 de febreiro de 2011

Repasando as divisións!!!

Para practicar as divisións aquí tedes un divertido programa. Animarse a xogar!!!

COMEZAMOS A DIVISIÓN


Atención, atención... os de terceiro comezamos coa DIVISIÓN!!!
Se queres practicar este tipo de operacións visita estas dúas páxinas:

Moito ánimo!! Non é tan difícil.

mércores, 23 de febreiro de 2011

VISITA DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA FOLK E TRADICIONAL!!!

Hoxe recibimos a visita de catro divertidos músicos da Escola Municipal E-Trad. A través dunha fantástica historia aprendemos os nomes de varios instrumentos. Non so iso, cantamos cancións tradicionais e puidemos probalos.

Aqui vos deixamos un vídeo moi divertido dalgunhas das actuacións, pero se queredes ver as fotos só tendes que ir á galería da páxina web. 


domingo, 20 de febreiro de 2011

Receitas de Sorrisos!!!

Os alumnos de 4º somos uns auténticos chef da cociña. Pero somos tan auténticos que queremos compartir con todos vos as receitas máis sorprendentes. Aquí tedes algunhas cas que podedes pasar un saboroso momento.

mércores, 16 de febreiro de 2011

VELOCIDADE LECTORA

Déixovos un par de enlaces a páxinas web moi interesantes para practicar a velocidade lectora.
Como les de rápido? Practica habitualmente con estes xogos e notarás o cambio...

 
 Preme na imaxe

Preme na imaxe

REPASANDO O TEMA DE LINGUA...

Os nenos e nenas de 3º podemos repasar de forma divertida os contidos traballados en clase nesta última semana. Lembra todo o visto ata agora e moito ánimo.
Preme na imaxe...

luns, 14 de febreiro de 2011

ACTIVIDADES LECTOESCRITURA

Páxina web con interesantes actividades para traballar a lectoescritura: ortografía, lectura, vocabulario, escritura, varios... con xogos e actividades moi dinámicas!!!

O CICLO DA AUGA

Preme no debuxo se queres repasar os contidos traballados na clase de Coñecemento sobre a auga e o seu ciclo.


REPASANDO A XEOMETRÍA.

Déixovos algúns enlaces a webs para repasar os contidos de xeometría traballados en matemáticas neste días.Ten varias actividades moi interesantes.
Proba e verás!!!

sábado, 12 de febreiro de 2011

Camiño da Lingua

Esta semana o alumnado de 2º e 3º ciclo disfrutamos da actividade complementaria: "Camiño da Lingua". Proposta moi animada que tivo coma obxectivo practicar e repasar o vocabulario básico en galego e tamén o patrimonio da nosa cidade.
A modo de xogo (parecido á oca) coñecimos moitas anécdotas dos nosos monumentos máis emblemáticos.

martes, 8 de febreiro de 2011

POSTAL INTERCENTROS.

A clase de 3º participa no intercambio de postais con outro centro. Onte recibimos a nosa primeira postal dos compañeiros do colexio Paraixal. Todos quedamos moi contentos coa experiencia e esperamos, con moitas ganas, que nos chegue máis correspondencia.

luns, 7 de febreiro de 2011

QUERES XOGAR COMIGO??

Inaguración do teatrillo de Carbi cunha obra titulada: QUERES XOGAR COMIGO??? 
Foi unha experiencia entrañable tanto para os rapaces coma para as mestras que participaron na obra.
Se queres disfrutar coa actuación "clica" na imaxe.
 

sábado, 5 de febreiro de 2011

XOGANDO A VERMICOMPOSTAR

O venres tivemos a sorte de contar con Teresa, da asosciación BIDUEIRO, quen nos falou de moitas cousas interesantes dos nosos pequenos amigos: OS VERMES.
De agasallo deixounos un "miñoqueiro" que vai posibilitar que o alumnado de 3º podamos facer compostaxe.
Preme no vídeo se queres ver as imaxes.
Grazas Teresa polo teu tempo!!
Por certo estades todos invitados a ver esta innovadora iniciativa...

xoves, 3 de febreiro de 2011

Os Poemas de 4º E.P.

¡Qué rimas! ¡Qué gracia! aquí tedes os poemas en lingua castelá e lingua galega que fixeron os alumnos de 4º de E.P. A verdade é que algúns son moi graciosos.

CLASE DE INGLÉS NO CASTRO.

Onte o alumnado de segundo ciclo estivemos aprendendo inglés no fermoso parque do Castro.
As monitoras puxéronnos diferentes probas para coñecer máis cousas da nosa cidade.
Se queres ver un resumo da actividade preme o vídeo.
En breve as fotos estarán na galería da páxina web do centro.

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ!!!!

Informámosvos de que na galería da páxina web do cole xa están colgadas as fotos do Día da Paz.
Se queres ver un fermoso vídeo sobre este día clica na imaxe de abaixo...