venres, 20 de abril de 2018

Visita de Chinto "Cambiache o Conto"

Nestos días veunos visitar Chinto, o autor, xunto con Pinto, do libro "Cambiache o conto", libro que o ano pasado tiveron a sorte de disfrutar e traballar nel estes nenos e nenas e este ano levar a firma do autor no propio libro. Grazas pola visita!!

domingo, 15 de abril de 2018

Visita ao Teatro Afundación

O Pasado día 12 de Abril os alumnos de 3ª e 4º vistaron o teatro Afundación para ver a obra "Na percura do Tesouro" 


Moura, a gardiá da cova, axudará a Xurxo para se liberar das mentiras e os enganos da malvada Serpe e daralle as pistas para descifrar os enigmas e así superar as probas para atopar o tesouro. Música en directo, lendas,romances,zanfonas,alalás,cantigas, refráns e seres mitolóxicos conforman a senda que nos levará a descubrir o auténtico colectivo: un tesouro que só ten valía se o compartimos e o respectamos.