xoves, 28 de novembro de 2019

25 DE NOVEMBRO

O 25 de Novembro celébrase en todo o mundo o 

"DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"

Os alumnos e alumnas de 3º e 4º quixemos por noso gran de area para que as xeracións vindeiras entendan que :

"NON É NON"

martes, 26 de novembro de 2019

O pasado martes día 19/11/2019 os alumnos de terceiro e cuarto de Educación Primaria asistiron a unha sesión de teatro en ABANCA. Aquí podedes ver algunhas fotos da xornada.

martes, 19 de novembro de 2019

O Monte en Novembro

Despois de tanta choiva, por fin puidemos saír ao monte!!! Atopamos moitas cousas interesante!! Cada vez observamos e fixámonos máis, atopando así cambios, novas especies, novas prantas, máis lixo,.....

venres, 15 de novembro de 2019

Traballando e para practicar as clases de nomes!!!

Hoxe tocou repasar as clases de nomes para iso xogamos ao tutifruti. Pasámolo moi ben e creo que quedamos con ganas de máis.
Se premes nas imaxes de abaixo podes prácticar con xogos de clases de nomes. http://www.secundaria.librosvivos.net/archivosCMS/3/3/16/usuarios/103294/9/4EP_leng_ud4_ai01_cas/frame_prim.swf http://www.primerodecarlos.com/TERCERO_PRIMARIA/octubre/Unidad3/actividades/lengua/nombre_genero_numero/frame_prim.swf

mércores, 13 de novembro de 2019

Experimentando cos nosos sentidos!!!

olor? sabor? textura? olfato? son? Todas as cousas que percibimos do exterior faémolo a través dos sentidos. Estudiamos cales son os seus órganos, as súas partes, os coidados que debemos ter e agora tocounos experimentar diferentes texturas con mans e pés, diferentes sons, diferentes cheiros,...

Altamira e Rosaura!!

Quen é capaz de debuxar sen ver?? Quen se mudou á cidade??? Son a toupa Altamira e a amiga de Bruxa, Rosaura. Os nosos compañeiros presentáronnos as curiosidades que atopar destes novos inquilinos e amigos de Bruxa. Unha maravilla!!

luns, 11 de novembro de 2019

Encanastando nomes!!!

Hoxe tocounos prácticar o tipo de nomes a través do baloncesto. Tiñamos moitas canchas coa distinta clasificiación e cada pelota-nome tiña que entrar correctamente na súa cancha. Resultou moi divertido anque a partida inda non se acabou.

mércores, 6 de novembro de 2019

Carmila e o monstro do tellado

Máis compañeiros de Bruxa!! Está vez Andrei e Álex presentáronnos a curuxa Carmila e o monstro do tellado, o lobishome. Descubrimos moitas cousas curiosas destes dous animais ou medio animais.