sábado, 13 de abril de 2019

Os sentidos de cuarto!!!

Estos días estivemos recordando que toda a información que nos rodea, recollemola e analizamola grazas aos cinco sentidos que temos. Ademais diso, o alumnado de cuarto creou unhas magníficas actividades para que os compañeiros puideran profundizar na experiencia de cada sentido. Enhoraboa polas actividades!! Todos o pasaron e experimentaron fenomenal!!!

luns, 1 de abril de 2019

"Bruxa e Familia " De Paula Carballeira

Qué bonito é descubrir que vivimos con moitos animais dos cales nin sequera nos damos conta. Onomástica invitounos a súa casa e alí foinos presentando aos familiares cos que vivía. A través dela nos tamén puidemos reflexionar e observar nas nosas casas que non só convivimos coas nosas nais, pais, irmáns, irmás, avoas, avós,... senón que hai mais seres vivos na nosa casa os cales sempre é un pracer descubrilos e divertirse con eles. Tamén tivemos a gran sorte de que a autora desta historia, "Bruxa e Familia" nos viñera aclarar certas dúbidas e inquedanzas que tiñamos.  Pasamos un formidable rato con Paula Carballeira!! Grazas!!!