luns, 18 de maio de 2020

Outro día de sorpresas!!!

Bos días chicos!! Hoxe é outro día de sorpresas!!

Recórdovos que, seguindo co calendario do noso cole, hoxe é día non lectivo, é decir, non teríamos colexio, teríamos un día de vacacións máis.

Pois así vai a ser, hoxe non tedes actividades, nin tarefas, hoxe vacacións, xogar, desfrutar, rir, bailar, .... o que vos apetecezca.....

Se vos apetece, eu propoño unha visita por dous blogs do cole:

  • O blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega:

    • Neste blog podedes atopar diversos traballos dos vosos compañeiros e vosos que fixestes para o día das Letras Galegas, 17 de Maio (onte).
    • Tamén atoparedes unha sorpresa, que con moito cariño neste tempo, preparamos todos os profes para vos. Tedes que atopala!! Unha pista, está relacionada co Día das Letras Galegas.
    • Está a convocatoria do XIV Certame Literario deste ano, un pouco diferente pero vamos a propoñelo igual.
    • ...... e máis cousiñas que vos podedes descubrir  investigando neste blog.


https://ofaladoirodocarballal.blogspot.com/ 

  • O blog da Biblioteca,  de Carbi:
    • Neste blog vades atopar contos das Letras galegas.
    • propostas culturais para a familia.
    • Actividades divertidas.
    • As bases do Certame Literario deste ano.
    • ...... hai que sumerxirse con Carbi e descubrir o fondo da súa casiña, a biblioteca, os libros, a creatividade, a imaxinación.....

http://bibliocarbicarballal.blogspot.com/



Recordade, estos son propostas, hoxe tedes o día libre, o día para vos.





 Mañá volveremos a vernos aquí , na nosa super aula virtual, o noso blog.

A  XOGAR E LER TODOS OS DÍAS!!!






Ningún comentario:

Publicar un comentario