Amosando publicacións coa etiqueta 4º 2019/20. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 4º 2019/20. Amosar todas as publicacións

martes, 2 de xuño de 2020

Voando polo ceo!!!

Bos días!!  Como estades?  Seguimos descubrindo os nosos animais.... hoxe tocanos subir, tócanos ascender, tócanos... voar... Descubriremos os PAXAROS.



TIPOS DE PICOS SEGUNDO A COMIDA 

 
 

 




Con toda esta información comezamos a traballar:

  • Creamos o noso esquema  das aves coa información da primeira imaxe.
  • Debuxamos un paxaro e escribimos as suas partes do corpo.
  • Debuxamos os distintos tipos de picos e o que comería cada pico ( tedes a información nas imaxes)
  • Escribimos o nome de 5 aves que vivan en Galicia.
  • Escribimos o nome de 5 aves que non vivan en España .
  • Eleximos unha ave e facemos un pequeno traballo de investigación da mesma: cal é o seu hábitat, de qué se alimenta, .....
  • Investigamos  e buscamos 6 aves en perigo de extinción.
  • Qué son las aves migratorias? Escribe algún exemplo.
  • Cal é a ave típica das Illas Atlánticas
  • Fichas interactivas

Las aves, una ficha interactiva de ILopezD
liveworksheets.com

Aves, una ficha interactiva de igarciagar18
liveworksheets.com


  • Creamos a nosa ave!!!
 


















Deixade voar a vosa imaxinación!!!
Xogar e ler!!

domingo, 31 de maio de 2020

Creacións do mes de maio!!

Último día do mes de maio.... últimos traballos do mes de maio....

A disfrutar  mirando as cousiñas que fixeron os nenos e nenas de terceiro e cuarto!!!!





































Super ben feito!!!! Mañá comezamos o mes de xuño!!! 
Que non decaigan as gañas de traballar e crear !!
 Queda pouco para as vacacións de verán!!!

xoves, 28 de maio de 2020

Creación da Terra e dos volcáns

Bos días

 Como levamos esta calor?? Temos que beber moita auga e refrescarnos moito.... anque a proposta de hoxe vai enfocada a algo de calor.

As actividades  de hoxe de ciencias sociais  están propostas en coordinación coa profe de Arts.

Polo que hoxe toca crear a nosa terra e o noso volcán, o que máis vos guste ou vos apeteza.

Aquí van as propostas, vos podedes facer outras similares.


1.-VIDEO PARA A CREACIÓN DUN VOLCÁN ERUPCIONANDO







2. Quen queira facer unha maqueta do interior dun volcán aquí tedes un exemplo. O procedemento é o mesmo que o do volcán que vos presento no video. So tedes que míralo. 


MATERIAL: BOLAS E TIRAS DE PAPEL, PINCEIS, PINTURA E CINTA DE PEGAR (pode ser o celo da escola).
ENGRUDO: MESTURA DE AUGA E FARIÑA que actúa como pegamento.
A parte dianteira podedes facela cun cartón e logo pegar tiras de papel hixénico mollado co engrudo e un pincel oubrocha pequeña para que sexa máis rápido.




3.-Aquí tedes distintos xeitos de presentar as capas da Terra. Podedes empregar bolas de porexpán, cartón cortado en forma de triángulo e representar as capas con anaquiños de papeis en diferentes cores aplicando a técnica do collage… Elixide o que máis vos guste tendo en conta os materiais máis accesibles para cada un.
  





Estas son propostas da profe de Arts, vos podedes facer estas ou buscar outras e crealas.  

Adiante rapac@s!!! Animarse a crear a terra ou un volcán!!

Desfrutar do sol, dos xogos, da lectura,....


domingo, 10 de maio de 2020

Sorpresas da semana!!!

O domingo é o día das sorpresas, é o día no que nos atopamos no blog cos nosos compañeiros, cos nosos traballos orixinais, coa nosa creatividade de aula,......

Aquí están os desta semana!!! 




















MAGNÍFICO TRABALLO!!!