mércores, 25 de novembro de 2020

Experimentando coa Luz

En ciencias naturais, estivemos vendo a enerxia e coñecendo os distintos tipos de enerxia. Descubrimos cousas interesantes da enerxia luminosa e sobre todo das cores.

Fixemos dous experimentos coa luz: como se comporta a luz a través das diferentes materias e como  se comporta a luz a través das cores.

O primeiro saiu moi ben, pero o segundo puidemos observar  que debido a que non tiñamos a suficiente cantidade de luz non nos saiu.


 
 
 














 

martes, 17 de novembro de 2020

Cociñando coa Enerxía do Sol

 Estos días estamos estudiando a enerxía e tivemos a sorte, que un día entrou pola porta o profe Marcos e díxonos:

-Xa que estades estudiando a enerxía solar, vouvos traer un aparello caseiro para que fagades un experimento.

E así foi, saíu da clase e enseguida volveu cunha cociña solar. e qué é unha cociña solar? Pois unha cociña feita con caixas de cartóns, cristal e papel reflectante, na cal se pode cociñar coa calor do sol.

E nos... máns a obra!!!  estivemos analizando que día era o mellor para cociñar,  posto que agora estamos en inverno e o sol non quenta coma no verán e tamén decidimos, en función diso, que íamos cociñar.

Decidido, cociñamos un ovo frito!!!! Aquí tedes o resultado!!!









                                                            Quedounos ganas de máis!! 

                        Igual cara o verán facemos magdalenas!! que temos máis calor solar!!!!


venres, 13 de novembro de 2020

MAGOSTEANDO CON CUARTO

Hoxe tivemos o festexo do magosto. E  tocounos celebralo dunha forma diferente: sen castañas... pero non por iso o pasamos mal, todo o contrario, fixemos moitas cousas moi divertidas....

Cantamos unha canción!!!

 

 

Recitamos cantigas, adiviñas e uns refráns de castañas....

 

 

 

Transformamos castañas, elaboramos recetas de castañas e fixemos divertidos xogos populares, sempre coas medidas de hixiéne e distancia correspondentes.

                                    Todo iso facendo click na seguinte "castaña"


 

 

 


OS RECREOS DE CUARTO.....