Nesta recta final do curso, descubrimos o Blue Bot coas linguas. Xa estiveramos traballando cos escornabots, e agora algo máis simpático e sinxelo, anque o tableiro máis complicado e grande.
mércores, 16 de xuño de 2021
mércores, 19 de maio de 2021
Repasando linguas
Continuamos a repasar as linguas cos escornabots, e está semana uníronse uns xogos de OCAS.
venres, 14 de maio de 2021
Xela Arias e os escornabots
Este ano traballamos as letras galegas cos escornabots, para elo fixemos un tableiro e guiamos ao escornabots pola biografía de Xela Arias.
mércores, 28 de abril de 2021
Escornabots coas linguas
Hoxe chegou o día de "programar" as linguas. Para iso escornabots en man e tableiro de linguas, nos fomos para a biblioteca a repasar artigos.
luns, 26 de abril de 2021
Jugando con los verbos
Después de trabajar con los verbos, ahora toca ponerlos en acción. Y para ello, dados en manos y a jugar con los dados y a saltar con los verbos conjugando.
Día do libro
Esta semana seguimos disfrutando do mundo maravilloso dos libros, pero non coma todos os días, de forma diferente: reciclamos libros, facendo marcapáxinas, démoslle voz a un libro, recomendamos libros,...
xoves, 11 de febreiro de 2021
O meco transformounos en....
Esta semana o Meco estivo dándonos moitas ordes.... ata nos transformou!!!
martes, 2 de febreiro de 2021
A CANDELORIA
Hoxe 2 de febreiro descubrimos que é un día maravilloso, ademáis de ser o aniversario de algún compañeiro. É o día do namoramento dos paxariños, a metade do inverno,.....
Recitamos refráns,fixemos caligramas dos mesmos, e recollemos a nosa mensaxe de amizade no mural de papiroflexia dos paxariños e sobres.
venres, 29 de xaneiro de 2021
A PAZ SABE A......
Hoxe estivemos traballando a PAZ e este ano, para nos, a paz ten SABORRRRRR.......
mércores, 17 de xuño de 2020
PIRATAS E TRASNOS!!!
Estivemos lendo o libro dos Dez Piratas..... pero se a miña memoria non anda mal...... deixamos a Derdrín (o trasno do libro "No corazón do bosque") na mesa da mestra.....

Eu ata aquí podo decir.... que está semana sodes vos quen mandades....
Polo tanto.... a discurrir actividades, que vos guste, que vos apetezca facer, que disfrutedes con elas,... un disfrace, unha manualidade, unha lectura, unha escritura, ......
Bueno, eu vou a decir unha cousiña: sí que deberíades de acabar de ler o libro "No corazón do bosque" xa que a Derdrín non o podemos deixar castigado na mesa da profe.... e ademáis para o ano que ven xa teño outras historias de outros libros revoloteando pola cabeza.....
mércores, 10 de xuño de 2020
Piratas!!! Atopamos o tesouro!!!
Un pirata malo e fero,
ávido de diñeiros,
gabeou por unha árboreque se erguía
ao pé da casa.
¨E aló no alto,
un cuartiño no faiado.
Mirou pola pequena xanela.
Na sá camiña mol
durmía unha pequechiña.
As meixelas regordetas
baixo o floco recortado
e o seu pixama bordado
de graciosas sereiñas.
Bocanegra sorriu...
Gho-gho-gho-gho!
Sabedes o que alí viu?
Un tesouro rosadiño
regordecho,
excedente
de moedas,
e, ao mellor, dalgún billete.
-Ou, por fin! -dixo-.O peto de corricho...
Xa é meu!
Bocanegra irrompeu
caladiño no habitáculo.
Tomou entre os seus brazos
o prezado marranchiño
a reverter de pezas que facían,
tirilín-tirilingo!
E o papagaio deu en berrar:
-Á abordaxe!
quero a miña parte!
quero a miña parte!
-Ponte calado! Chsss!
A rapariga espertou.
Refregou os ollos e...
atopou aqueles dous!
Non, non estaba a soñar.
-Ai, Malasombra,
o meu peto non se toca!
prepárate para o combate!
Disparoulle coa rúa arma astral
un raio arfado-furunfundado,
caótico e electrodoméstico,dunha mucosidade
de lesma, graxenta,
respulsiva,
pegañenta
e fedorenta
que o deixou pingón e teso.
Bocanegra farfallou unha maldición
con moitas palabras feas
e rematou:
-Raias e centolas!
Algún día hei volver para vingarme,
pispireta! Mona Chita!
Botouse pola fiestra abaixo,
e levou unha soberana trompada.
Escapou rúa arriba, feito unha acabación,
deixando atrás del un tufo a peixe podre
que seguían rabiosos
un exército de gatos esfameados.
E despois de tanto escarnio,
daqueles facinorosos
só quedou un papagaio.
Pois ..... era que era un papagaio
que ía vello e un tanto canso,
da vida de piratas,de chalupas
e naufraxios,
de comer arenques secos
e bacallau moi salgado.
Decidiu retirarse da vida destemida
de piratas e corsarios.
Gustoulle aquela casa
e alí ficou.
A meniña non lle escatimou
mimos e coidados:
trigo fresco, chuches varias
e algún refresco de cola.
Ou!, qué plácido lugar!
Miña casiña, meu lar!
Leva unha vida tranquila
sen arrebatos,
honrada.
Mais por veces faille rolda
unha sutil tentación,
un arrouto sen control
da súa interior andaina....
Voa e lánzase en picado
sobre o quiosco de Paco,
larpándolle co peteiro
moedas de chocolate,mentres berra:
-Á abordaxe!! Á abordaxe!
-Paxarolo ladrón! Ai, se te collo...!
-Tírate ao mar
e pon o cu a remollo!
-Maleducado!
-Orellas de gato
pescozo de bruxa
rabo de macaco!
Comezamos as nosas actividades:
- Cómo fixo Bocanegra para poder entrar na casa?
- Cómo se chama a nena que está deitada na cama?
- Debuxa o pixama da nena.
- Onde estaba o tesouro que quería Bocanegra?
- Cómo era o tesouro ?
- Qué fixo o papagaio cando Bocanegra colleu o tesouro?
- Con que se defendeu a nena de Bocanegra?
- Por onde saíu Bocanegra da casa despois da trifulca coa nena?
- Por qué perseguías os gatos a Bocanegra?
- De qué estaba canso o papagaio?
- Que nome lle puxo a nena ao papagaio?
- Que trasnada lle gusta facer ao papagaio?
- Qué foi de Bocanegra? Para onde foi?
- Subliña os adxetivos destas frases:
- Un pirata malo e fero ávido de diñeiros.
- Na súa camiña durmía unha pequechiña.
- As meixelas regordetas baixo o floco recortado.
- e o seu pixama bordado de graciosas sereíñas.
- Rodeas os nomes que atopes no exercicio anterior.
- Qué dous diminutivos hai nas frases anteriores?
- Escribe o xénero e o número destas palabras:
- Entre as palabras anteriores atopa unha polisémica e escribe os seus signicados.
- Escribe un sinónimo de:
- Cal é a oración interrogativa que hai no texto?
- Cal é a oración exclamativa que hai no texto que ten o nome de dous animais?
- Describe cómo é o quiosco de Paco. Tamén o podes debuxar.
- A crear o noso tesouro!!! Se vos apetece, podedes crear o tesouro que quería levar Bocanegra, un marranchiño.
venres, 5 de xuño de 2020
Escribindo, escribindo......
2.Ábreos por calquera páxina.
3.Anota unha frase, ao azar, de cada un dos libros.
4.Emprega esas frases para crear a túa historia.
5. Adiante!!!!!
mércores, 3 de xuño de 2020
Case chegamos ao tesouro!!!
Sigamos a nosa aventura.....
Eles eran tres piratas
ao rastrexo dun tesouro.
Andaron dúas xornadas
sen atopar sin asomo.Prenderon unha fogueira.
Cantaron con voz roufeña.
Veña ron, veña gasosa,
montaron unha verbena..
Xa vén a lúa saíndo
con tres estrelas de lado,
A do medio vén dicindo que Elvira ten namorado.
Ai Elvira!
Ai, meu ben!
A vida é tan fermosa,
para quen amores ten!
A roupa da miña Elvira,
non se lava con xabón.
Lávase con auga de rosas
dentro do meu corazón.
Ai, Elvira!Ai, meu ben!
A vida é tan fermosa,
para quen amores ten!
Bailaban dous dos piratas;
facían boa parella.
Quedou Corazón de Boi
solitario coa súa pena.
Apareceu unha corsaria,
Vanesa Caracortada,
cun caravel entre os dentes
e un puñal nas enaugas.
Abrazouno con paixón
e iniciaron unha danza.
Raptouno, marchou con el
á súa nave Capitá.
Foi así que, por amor,daqueles tres perdularios,
xa tan só quedaron dous.
E un papagaio:
-Quiniiiiino!
Dous piratas cobizosos
divisaron unha casa
solitaria.
Dous andares,
unha porta,
e tres xanelas sen persianas.
Cun xardín e unha reixa
nin moi alta, nin moi baixa.
Saltárona
con coidado.
Camiñaron
de punteiras...
Cando de súpeto, guau-guau!,ladrou o can.
O capitán subiu ao alpendre.
O Pistraca saíu pitando
co cadelo atrás del. Guau-guau!
Por este leiro bravún
daqueles dous barallocas
soamente quedou un.
E un papagaio:
-Grou-grou, raios...! - Dixo en baixo o papagaio,
porque o capitán Bocanegra
apertáballe o peteiro
para que non o delatase
cos seus escandalosos berros.
Comezamos as actividades, que a piques estamos de chegar ao tesouro.....
- Canto tempo andiveron os piratas sen atopar o tesouro?
- Na canción dos piratas, con qué se lava a roupa de Elvira?
- Despois de tanto bailar, que corsaria apareceu?
- Cómo é a Corsaria? Describea e debuxaa.
- Quen marchou coa Corsaria?
- Cómo é a nave Capitá? Fai un debuxo dela.
- Describe e debuxa a casa que atoparon os dous piratas.
- Qué sucedeu cando ladrou o can da casa?
- Como se chamaba o can?
- Ademáis do can, había alguén na casa no momento en que chegaron os piratas?
- Qué fixo o pirata que quedou para que o can non ladrase?
- Qué único pirata quedou na busca do tesouro?
- Qué fixo o Capitán na casa?
- Escribe o xénero e o número das seguintes palabras
xornadas asomo fogueira estrelas amores enaugas
- Cal é a palabra primitiva destas palabras derivadas?
- Rodea os adxetivos das seguintes oracións.
Dous piratas cobizosos divisaron unha casa solitaria.
Cun xardín e unha reixa, nin moi alta nin moi baixa.
Apertáballe o peteiro para que non o delatase cos seus escandalosos berros.
- Busca no texto duas oracións exclamativas e escríbeas.
- Rodea os sufixos destas palabras
- Hai algunha oración interrogativa no texto?
- Escribe dúas palabras derivadas a cada unha destas palabras primitivas
- Caracortada é unha palabra composta. Construe algunhas palabras compostas coa palabra auga
- Os piratas montaron unha festa. Escribe o cartel da festa pirata que montaron. Recorda como se facia un cartel de festa....
- Pensa moi ben o que vas poñer
- Para quen é a festa
- Fai bonitos debuxos e que chamen a atención.
- Non olvides os datos imprescindibles: cando é, onde, lugar,..
- Coidado coa ortografía...
- Creación final antes de atopar o preciado tesouro, para quen se anime......
venres, 29 de maio de 2020
RETO ESCRITOR: CERTAME LITERARIO 2020
Hoxe tocanos.........
A proposta do escritor de hoxe vai a ser algo diferente, e non vai a ser para min.... Cóntovos...
Como moitos vos recordaredes, no colexio todos os anos facíamos un Certame Literario para as Letras Galegas. E que era iso? Pois o alumnado e familias escriben en GALEGO o que lles apetece, un cómic, unha poesía, unha historia,... dabamoslla ao noso mestre, e no cole facíamos unha recopilación, posta en común , presentación e agradecemento pola participación no mesmo.
Pois hoxe, o noso caderno escritor vai a ser ese: Participar no Certame Literario deste ano.
Cómo podedes participar? Aquí tedes as respostas, no cartel deste ano!!!
Tamén nos dan as seguintes indicacións:
Podes enviar os teus traballos a edlgcarballalcabral@gmail.com
Os traballos poden entregarse en formato word, odt, pdf ou fotografía.
Non esquezas poñer:
- Nome, apelidos e curso.
- Modalidade de participación (poesía, narrativa ou cómic).
- Categoría na que participas (familias, infantil e 1º EP, 2º e 3º EP, 4º,5º e 6º EP ou nais e pais).
- Se envías o teu traballo en fotografía, asegúrate de que a foto non está borrosa.
- Corrixe as faltas de ortografía.
- Non esquezas que é en GALEGO.
- Se participas na categoría cómic non esquezas pintar con cariño os debuxos e bordear as letras para que se vexan ben.
A min tamén me gustaría que mo enviarades.......
Veña chicos, que hoxe só é escribir un!!! e para a semana entramos no mes de Xuño!!!
A desfrutar da fin de semana, do sol, dos xogos, dos libros,........
mércores, 27 de maio de 2020
Vamos piratas!!!!!
nunha praia solitaria
cunha bandeira moi negra.
Sobre dous ósos en cruz
a estarrecente caveira.
Amenceu,
campou o sol.
Sacaron vellos farrapos
e os seus piratas zapatos:
charón, fibela e tacón.
Puxeron amplas bermudas
e o pano de lunares.Tamén as lentes escuras
porque se encontran máis guapos.
Estarricáronse na area
para pórse bronceados.
-Man de Fouciña,
dáme unhas fregas no lombo
con crema de protección! Veña, ho!
E fíxoo con moito esmero,
con moito tino,
con moito amor.
Mais, fóiselle un pouco a man,
digo, o guincho...Oi!! Que horrror!
Non o curou con meigallos,
nin con pastillas,
nin con emplastos...
Ninó-ninó-ninó!
E por aquel insensato
daqueles cinco rabuñas
non quedaron máis ca catro.
E un papagaio.

Catro piratas e un paxaro
á escuda dun tesouro:
O Marranchiño de Ouro!
Non era o tesouro famoso
de ouro e pedras preciosas
dunha raíña de lenda.
Non era o ídolo de ámbar
dunha cidade oriental.
Xa non quedaban tesouros
nin de prata, nin de ouro,
nin sequera de quincalla
ao longo de toda a costa;
só casas e apartamentos,
turistas, lixo, moscóns,...
O Marranchiño de Ouro
que anhelaban os piratas,
aqueles zalapastráns,
eran os petos-porquiños
dos cándidos rapaciños,
cebados cos seus aforros.
Cascarilla era un tipo
destemido e testalán.
Tirou un mapa de cinto
despregouno entre as mans.
"Um-um!", pensou.
"Xa o teño..."
Xirar sobre o pé dereito
noventa graos nordeste.Media volta,
volta enteira.
Andar no bico dos pés;
balanceo de cadeira
e un , dous, tres.
A recú coma o cangrexo
dar vinte pasos atrás.
Sobre o esqueleto dun náufrago
pegar un brinco
e alí mesmo..., cavar!
-Eu teño reuma!
-Eu, frieiras nunha man.
-Eu teño un trancazooooo...!
Escusáronse os demais.
Vendo isto, Cascarilla,
o pirata máis ousado,
colleu a pa e cavou.
cavou e cavou,
cavou, cavou, cavou, cavou, cavou, cavou, cavou, cavou, cavou, cavou.
Fixo un buraco ben fondo
ata que foi saír
polo outro extremo da Terra.
Ouuuuuuuuuuuuu....!
Que cousa é aquela que voa,
meteorito ou ouriolo?
O cascarilla en órbita,
mírase polo anteollo.E así, por este fondo revés,
daqueles catro mesquiños
non quedaron máis ca tres.
E un papagaio:
-Quiiiiiino!
Quiiiino!!
As nosas tarefas son:
- Qué fixeron os piratas ao chegar a praia?
- Describe como estaban os piratas na praia.
- Qué pirata deu crema aos demais?
- Por qué se mancaron os piratas que estaban na praia?
- Qué seguían buscando os catro piratas?
- Imaxinate como era o tesouro que buscaban os piratas e debuxao.
- Comó se chama o pirata que colleu o mapa? e o pirata que cavou?
- Por qué chegou un pirata ao universo?
- Cantós piratas continúan a aventura en busca do tesouro?
- Busca no texto unha oración interrogativa.
- Busca no texto 5 adxetivos e escríbeos en grado superlativo.
- Escribe o aumentativo destes nomes
- Escribe o masculino das seguintes palabras:
- No exercicio anterior hai dous diminutivos, cales son?
- Tamén hai 3 adxetivos, subliñaos.
- Na túa casa atópase un tesouro. Ti acabas de atopar o mapa. A continuación debuxa o mapa, coas indicacións para chegar ao teu tesouro.
venres, 22 de maio de 2020
Os venres Escritores!!!!
Venga chicos!! Non poden baixar as vosas enerxías nin as vosas ganas!!!
Estades traballando moito e moi ben!!!
Hoxe, xa sabedes,...... a discurrir co noso super bolígrafo ou lápis escritor!!!
CASTELLANO
Hoy os vais a convertir en cocineros y cocineras. Sí, sí, ya adivinasteis. Váis a escribir una receta.
Pero esa receta tiene ciertas peculiaridades:
- Tiene que ser una receta que no exista.
- Tiene que ser una receta que no se pueda comer.
- Tiene que ser una receta con ingredientes que no se puedan comer.
- Tiene que ser una receta divertida.
- Tiene que tener un nombre original.
- Los ingredientes tienen que ser sorprendentes.
- La preparación tiene que ser novedosa.
- Los utensilios tienen que ser auténticos.
Aquí os presento una idea.....

GALEGO
Hoxe toca continuar a historia que a continuación se comezou pero inda non se acabou....
Onte a noite, despois de cear e ver un pouco a tele, marchaches ao teu cuarto. Estaba moi oscuro, e en silencio, cando encendiches a luz.... atopaches un trasno durmindo na túa cama!!!!
Qué sucederá?? como chegou alí ?? qué quere?Aviso: Non é Derdrín!!!! Nin veu dunha fraga na mochila dun neno cando foi de excursión......
mércores, 20 de maio de 2020
Hoxe vanse outros dous piratas!!!
Adiante camaradas, a ler !!!
Sete piratas e un paxarolo
chegaron a unha praia,extenuados,
por un mesquiño tesouro.
Dicíanlle O Patatán
pola pata
de madeira
de cadeira
dun sultán.
Unha pata torneada,
ben pulida,
vernizada,
de madeira de palmeira.
Camiñando pola serva
espetouna en terra fértil,
e por moito que tiraba
afundiu cada vez máis.
De súpeto botou raíces,
medrou de aquí a mañá.
A patiña virou toro
e o pirata, alá no alto,
un peludo home-coco.-que alguén me baixe de aquí!,
que algúen me baixe de aquí!ª
Pero ninguén o escoitaba.
E por causa daquel pé,
de sete piratas rañas
nada máis quedaron seis.
E un papagaio:
-Grou-grou!
Marranchiños
que alá vou.
Seis piratas e un papagaio
á procura dun tesouro,
construíron un alpendre
para a noitiña pasar.
Ao pirata Furriqueiras
doíalle o bandullo.
Padecía fortes dores,
torzóns, punzóns agudos
que só se lle aliviarían
librando de "PAff" as tripas.
Oíuse un "puff" apagado.ç
Ondeou espeso abafo
que agoiraba unha borrasca.
O capitán, asfixiado,
empuñou furioso a espada
-Largo da miña vista!
quero dicir...Lonxe do meu nariz!
Rais! Raias e centolas!
Era unha noite fechada,
sen fachico nin lanterna.
Avelino Furriqueiras
avanzou con moito tento
pola selva misteriosa.
E dous ollos,
á espreita,
axexaban
entre as sombras da maleza.
Soou..."uu-uu-uu!!
O pirata Furriqueiras
quedou coma un paxariño.
Oiggg! pobriño!
A curuxa, abraiada,
fuxiu de alí
avergonzada do seu canto
sombrizo e pouco lírico.
E foi tal como lles digo,
que daqueles seis corsarios
non quedaron máis ca cinco.
E un papagaio:
-Aí vos vou , porquiños!!
Agora que xa fichemos o viaxe cos nosos piratas, comenzaremos coas nosas actividades:
- Que dous piratas quedaron nesta aventura atrás?
- Que lle pasou ao pirata Patatán?
- En que se convertiu o pirata Patatán?
- Descríbe o Patatán e debuxao.
- Qué construironos piratas para pasar a noite?
- Cal foi o motivo polo cal o capitán expulsou ao pirata Furriqueiras?
- Que momento do día era cando saíu o pirata Furriqueiras?
- Quen observou ao pirata Furriqueiras pola selva misteriosa? Descríbeo e debuxao.
- Subliña os adxetivos que atopes nestas oracións:
- Os sete piratas chegaron extenuados por un mesquiño tesouro.
- Unha pata torneada, pulida, vernizada, de madeira de palmeira.
- Camiñando pola selva, espetouna en terra fértil .
- Rodea os nomes destas oracións:
- Seis piratas construíron un alpendre para a noitiña pasar.
- Ao pirata Furriqueiras doíalle o bandullo.
- Era unha noite fechada, sin fachico nin lanterna.
- Cal é o diminutivo desta oración?
- Seis piratas construíron un alpendre para a noitiña pasar.
- Escribe o xénero e o número destes nomes:
- Cal é o antónimos destas palabras?
- Escribe tres adxetivos para cada un destes nomes:
- A curuxa marchou asustada, e deu o aviso aos outros animais da selva. Escribe o aviso que a curuxa deu.
- Que fixo o pirata Furriqueiras el só na selva?
- O pirata Patatán converteuse en peludo home -coco. Escribe unha noticia dun xornal que comunique que na selva hai un peludo home-coco.
venres, 15 de maio de 2020
VENRES: DÍA DAS LETRAS
Esta semana, como xa comentamos o mércores, é semana especial, é a
O domingo, 17 de maio é o propio día.
Con tal motivo, hoxe vouvos a propoñer dúas actividades en GALEGO. Espero que resulten divertidas......
Alá vai a primeira:
Imos a facer unha entrevista a Ricardo Carballo Calero, homenaxeado este ano no día das letras galegas.
- Título:
- Algo relacionado coas letras galegas.
- Presentación:
- Presentamos a Ricardo Carvallo Calero e escribimos unha pequena referencia da súa vida.
- Podes buscar información no blog do equipo de dinamización da lingua galega do cole.
- Preguntas e respostas:
- Inventa, polo menos, 8 preguntas que che gustaría facer a Ricardo Carvallo Calero.
- Inventa as respostas, por suposto, todos sabemos que os autores das Letras Galegas xa non viven.
- Tamén che poden resporder as túas preguntas papá, mamá, irmáns,......
- Recorda poñer guións no momento das preguntas e respostas.
- Divirtete coa entrevista, e para desfrutala e para coñecer un pouco máis ao autor deste ano.
Agora a proposta da segunda actividade
- Si, si ...esa é a segunda actividade.
- Pide unha camiseta na casa para poder escribir nela. Se non tes ningunha, debuxamos nun folio unha e recortámola.
- Colle rotuladores, bolígrafos de cores, pinturas,....... e adiante.......
- A última proposta é que o DOMINGO, 17 DE MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS, poñas a túa camiseta, no caso de poder ter camiseta, ou pegues a túa camiseta folio na porta da tua habitación.
- Para coñecer mellor ao noso autor deste ano, uns xogos. Fai click na imaxe.
































