Amosando publicacións coa etiqueta Excursións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Excursións. Amosar todas as publicacións

martes, 1 de novembro de 2016

VISITA AO MUSEO DO MAR

O pasado 27 de Outubro os alumn@s de 3º e 4º visitaron o Museo do Mar para realizar dúas
actividades:
 - Un viaxe ao mundo submarino, para 3º
 - Arqueoloxía, unha ciencia por descubrir, para 4º.


 Os alumnos de 3º coñeceron as técnicas empregadas polos seres humanos ao longo do tempo para conquistar o mundo submarino. Viron pezas únicas e orixinais, prácticas ancestrais de mergullo e coñeceron diferentes aspectos da vida destas xentes: cazar unha balea, técnicas de pesca,...

 Na actividade "Arqueoloxía, unha ciencia por descubrir" aproveitando o castro que está parcialmente escavado e musealizado no museo, convertíronse en verdadeiros arqueólogos; coñeceron directamente como é o traballo no mundo da arqueoloxía, e para elo, entre outras cousas realizarón unha excavación arqueolóxica fielmente simulada, con pezas orixinais e répricas exactas.

 Agora mirade que ben o pasamos....



domingo, 2 de marzo de 2014

Visita aos bombeiros

Visitamos aos Bombeiros do Parque Central de Vigo (Teis). Aprendemos moitas cousas (tipos de camións, tipos de mangueiras, bombonas de aire...) e pasámolo xenial!
     Plataforma Bombeiros de Vigo
Plataforma Bombeiros


                

Queremos agradecer aos Bombeiros do Parque Central que nos recibiran e atenderan, así como a labor que realizan día a día pola seguridade.

luns, 20 de maio de 2013

Visita Centro de Interpretación das Illas Atlánticas e CAT

O 8 de Maio de 2013 fixemos unha excursión moi completa xa que fomos ao Centro de Interpretación das Illas Atlánticas e tamén ao Centro de Artesanía Tradicional. (E aínda tivemos tempo de xogar un pouco no parque da Praza do Rei).

O Centro de Interpretación das Illas Atlánticas está na Rúa Oliva, no Casco Vello de Vigo. Alí achegámonos aos catro arquipélagos que conforman o parque (Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada) e aprendemos sobre os valores ambientais e etnográficos dos mesmos. Se queredes saber máis, premede neste enlace sobre o Museo e tamén neste sobre o Parque das Illas Atlánticas.

     

O Centro de Artesanía Tradicional acolle unha exposición de roupa elaborada mediante reciclaxe e estampación na súa planta alta e na planta baixa está dedicada ao oficio de cestería.
Aprendemos sobre os materiais que se utilizan (vimbios, madeira rachada...) e os obxectos que se elaboran (cestos, axóuxeres, nasas, patelas...).
Tamén fixemos unha práctica de cestería con vimbios, nun peixe decorativo.
Se queredes saber máis sobre o CAT, premede neste enlace.

luns, 15 de abril de 2013

Visitamos Vitrasa!

O pasado Mércores, 10 de Abril visitamos as instalacións de Vitrasa, en Vigo.
Fomos nun bus turístico e pasámolo de medo!
Aprendemos moitas cousas interesantes: cómo funcionan as máquinas de imprimir billetes, cómo reparan os autobuses que están avariados, cómo se controlan as diferentes liñas de autobús dende unhas pantallas...
Foi moi divertido. Deixámosvos unhas fotos para compartir con vós a experiencia.

mércores, 27 de marzo de 2013

Rematou o trimestre!



Rapaces e rapazas, rematamos o segundo trimestre!
Agora a repoñer forzas para dar o mellor de nós no terceiro, traballar moito e sacar moi boas notas.





Aquí vos queda unha foto dos vosos compañeiros Izan e Alejandro, que durante o segundo trimestre traballaron arreo e melloraron un montón. Noraboa!

sábado, 16 de marzo de 2013

A Balea Negra

O martes, 12 de Marzo visitamos a exposición "A Balea Negra" no MARCO (Museo de Arte Contemporánea).

O MARCO está na Rúa Príncipe e antigamente era unha prisión.

Inaugurouse como Museo o 13 de Novembro de 2002, xusto o mesmo día no que tivo lugar o afundimento do Prestige e o desastre ecolóxico que tivo lugar a causa do verquido do petróleo que transportaba.

Para conmemorar o 10º aniversario desta data, o MARCO organiza a exposición "A Balea Negra"


A exposición recibe o seu nome dun soño que tivo Manfred, un alemán que decidiu quedarse a vivir en Camelle (Camariñas), construíu un refuxio preto do mar e elaborou moitas esculturas e obras de arte. No seu soño, Man viu unha grande balea negra que asolaba as costas de Galicia e derruía o seu fogar e as súas obras.

Este soño foi, en certo modo, unha premonición do desastre que asolagaría as costas de Galicia, Portugal e parte do Norte de España, chegando incluso a algúns puntos de Francia.

Se queredes saber máis, premede nos diferentes enlaces. Lembrade que ata o 31 de Marzo podedes visitar a exposición coas vosas familias de maneira gratuíta.

Así foi como vivimos nós a exposición: