Amosando publicacións coa etiqueta Festividades. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Festividades. Amosar todas as publicacións

mércores, 30 de outubro de 2019

Disfrutando do Samaín-Halloween

Menuda semana tivemos de Halloween e Samaín!!! Comezamos o martes cun paseo terrorífico polo monte que nos rodea onde atopamos gatos, esqueletos, bruxas, zombis, cabazas,.... Todo foi un pouco arrepiante!!! O mércores estivemos polo colexio facendo cousiñas: vimos unha curta na biblioteca, contarónnos un conto, cantamos unha canción e depositamos o noso medo no comemedos da biblioteca. Houbo taller de maquillaxe e fixemos cabazas parlanchinas, imáns de esqueletos e vampiros e palliñas para beber fantasmóricas e de morcegos.

venres, 3 de novembro de 2017

Disfrutando do Samaín

No día do Samaín estivemos facendo cousas terroríficas. Comezamos a mañá coñecendo que era o Samaín e a súa orixe. Mentres tamén nos estivemos pintando morcegos na cara, xa que viñamos preparados da casa todos de negro. Logo fixemos unha receitas tenebrosas: unhas tumbas, momias e pantasmas. Baixamos o ximnasio que nos contaron o conto de " Violeta quere ser vampiro". Todos xuntos fixemos xogos de Halloween. Pasámolo moi moi ben. Acabamos o día cantando cancións do Samaín e Halloween.

martes, 12 de setembro de 2017

BENVIDOS AO COLEXIO



Estes días estamos a comenzar a nova andaína  escolar 2017-2018. Xa disfrutamos do verán, xa collimos osíxeno, xa tiñamos moitas ganas de reencontrarnos mestres e  alumnos!!!! 
A disfrutar deste novo curso escolar!!!

sábado, 2 de xaneiro de 2016

Talleres de Nadal

O día 18 de decembro, os nenos e nenas do segundo ciclo realizaron un taller de Nadal no que confeccionaron unha árbore navideña.

luns, 29 de setembro de 2014

COIDAR AS COSTAS

Xa comezamos o curso e temos que levar o noso material nas mochilas. Perooo, sabedes como? Neste sinxelo tebeo feito pola Fundación Kovacs e a Web de la Espalda temos unhas pautas sinxelas para coidar as nosas costas. Lembrade que son para toda a vida!!!

sábado, 1 de marzo de 2014

Preparando o Entroido

O xoves, 27 de Febreiro celebramos o Festival de Entroido.
No segundo ciclo fomos disfrazados de mariñeiros e mariñeiras, baixo o nome de "Cicloxénese Implosiva", en homenaxe a este tempo tan marabilloso que nos leva acompañado dende que comezou o trimestre.
Deixámosvos aquí algunhas fotos da preparación do Festival.

Non esquezades visitar a páxina web do cole para ver os vídeos do Festival!


sábado, 28 de decembro de 2013

Feliz ano 2014!

Rematou o 1º Trimestre e no CEIP Plurilingüe Carballal - Cabral houbo festa rachada!
Celebramos o Festival de Nadal 2013 con moitas actuacións musicais, visitounos Papá Noel con agasallos para as aulas e fixemos unha merendola con produtos típicos destas datas.
Como unha imaxe vale máis que mil palabras, deixámosvos as fotos para facervos partícipes da nosa festa.




venres, 20 de decembro de 2013

Bo Nadal 2013!

Chega o Nadal, e os nenos e nenas do 2º Ciclo queremos felicitar ás nosas familias como merecen. Por iso estivemos traballando nunha postal inspirada no traballo que desenvolveremos no 2º e 3º trimestre.



Dentro do Proxecto da Biblioteca: "Vivamos como galegos. Coñezamos Galicia", nós traballaremos Illas e Faros da nosa costa. Pero para iso aínda queda un pouco e agora queremos desexarvos Felices Festas e unha boa entrada no ano 2014!


xoves, 23 de maio de 2013

Roberto Vidal Bolaño. 17 de Maio de 2013

A pasada semana celebramos o festival das Letras Galegas. Este ano foi dedicado a Roberto Vidal Bolaño.
Se queredes aprender algo máis sobre o autor consultade estes enlaces:

Nós fixemos unha presentación resumindo brevemente os datos máis importantes da súa vida e obras e tamén representamos unha obra de teatro moi divertida: "O que fai o meu Bieito sempre vai ben feito".
Aquí vos quedan as fotos. Non esquezades estar atentos da web porque será onde se publiquen os vídeos.


mércores, 27 de marzo de 2013

Rematou o trimestre!



Rapaces e rapazas, rematamos o segundo trimestre!
Agora a repoñer forzas para dar o mellor de nós no terceiro, traballar moito e sacar moi boas notas.





Aquí vos queda unha foto dos vosos compañeiros Izan e Alejandro, que durante o segundo trimestre traballaron arreo e melloraron un montón. Noraboa!

sábado, 16 de marzo de 2013

A Balea Negra

O martes, 12 de Marzo visitamos a exposición "A Balea Negra" no MARCO (Museo de Arte Contemporánea).

O MARCO está na Rúa Príncipe e antigamente era unha prisión.

Inaugurouse como Museo o 13 de Novembro de 2002, xusto o mesmo día no que tivo lugar o afundimento do Prestige e o desastre ecolóxico que tivo lugar a causa do verquido do petróleo que transportaba.

Para conmemorar o 10º aniversario desta data, o MARCO organiza a exposición "A Balea Negra"


A exposición recibe o seu nome dun soño que tivo Manfred, un alemán que decidiu quedarse a vivir en Camelle (Camariñas), construíu un refuxio preto do mar e elaborou moitas esculturas e obras de arte. No seu soño, Man viu unha grande balea negra que asolaba as costas de Galicia e derruía o seu fogar e as súas obras.

Este soño foi, en certo modo, unha premonición do desastre que asolagaría as costas de Galicia, Portugal e parte do Norte de España, chegando incluso a algúns puntos de Francia.

Se queredes saber máis, premede nos diferentes enlaces. Lembrade que ata o 31 de Marzo podedes visitar a exposición coas vosas familias de maneira gratuíta.

Así foi como vivimos nós a exposición:

xoves, 7 de febreiro de 2013

DE COMO MAESE CEREZA...



CAPÍTULO I

De cómo el carpintero maese Cereza encontró un trozo de madera que lloraba y reía como un niño.


--Pues, señor, éste era...
--¡Un rey! --dirán en seguida mis pequeños lectores.
--Pues no, muchachos nada de eso.
Este era un pedazo de madera.
Pero no un pedazo de madera de lujo, sino sencillamente un leño de esos con que en el invierno se encienden las estufas y chimeneas para calentar las habitaciones...
LAS AVENTURAS DE PINOCHO.
CARLO COLLODI.


Así comeza a historia do títere máis famoso do mundo enteiro: PINOCHO...
E esa, como todos/as sabedes, é a personaxe que escollimos este ano para disfrazarnos no ENTROIDO...

martes, 29 de xaneiro de 2013

30 de Xaneiro. Día da Paz

Para celebrar o Día da Paz fixemos un montón de actividades...
  • Traballamos coa biografía de Gandhi e aprendemos como adicou a súa vida a loitar pacíficamente polos dereitos do seu pobo.
  • Fixemos pombas coas nosas mans e debuxamos exemplos de situacións relacionadas coa Paz.
  • Deseñamos unhas chapas para enviarlles ao alumnado do CEIP Eduardo Pombal.
  • Aprendemos a canción "Os nenos queremos a Paz" e gravamos un vídeo que está colgado no BLOGUE DA BIBLIO.

Deixámosvos unha mostra dos traballos realizados

martes, 8 de xaneiro de 2013

Correo intercentro

Polo Nadal intercambiamos felicitacións co CEIP Paraixal.
       Nós enviámoslles unhas postais de Bolas de Nadal e eles unha postal xigante de Papa Noel chea de lambetadas.                 

domingo, 23 de decembro de 2012

BO NADAL E FELIZ ANO 2013!!

Xa rematou o trimestre, chegaron as vacacións de Nadal 
e con elas os momentos para compartir en familia.
Queremos desexarvos un Nadal cheo de ilusión e un feliz ano 2013
no que todos os vosos soños se convirtan en realidade.
  

mércores, 21 de decembro de 2011

BO NADAL!

Despois do traballo que levamos en decembro, rematamos con merendola e unha visita moi especial...
BO NADAL!!! on PhotoPeach

xoves, 3 de febreiro de 2011

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ!!!!

Informámosvos de que na galería da páxina web do cole xa están colgadas as fotos do Día da Paz.
Se queres ver un fermoso vídeo sobre este día clica na imaxe de abaixo...

xoves, 27 de xaneiro de 2011

POEMA DE PAZ!

O alumnado de terceiro queremos anticipar o Día da Paz e a Non Violencia, presentándovos este fermoso poema de Paz.
Carmen moitas grazas polo material.


mércores, 12 de xaneiro de 2011

AS SORPRESAS NON REMATAN!!!!!

AQUÍ VOS DEIXAMOS O VIDEO DA VOSA ACTUACIÓN NO FESTIVAL DE NADAL!!!!!

SE QUEREDES VER AS DEMAIS ACTUACIÓNS SÓ TENDES QUE IR AOS BLOGUES DOS VOSOS COMPAÑEIROS, E DISFRUTAR!!!!
SÓ TENDES QUE CLICAR NAS IMAXES QUE TEMOS NA MARXE DEREITA!!!!!

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!!!!!