xoves, 30 de xuño de 2011

HOMENAXE A MESTRA MERCEDES!!!

Os profes do cole non podiamos acabar o curso sen facer unha pequena homenaxe a unha Gran Mestra "Mercedes". Aquí vos deixamos un video. 


martes, 28 de xuño de 2011

FESTIVAL FIN DE CURSO II

Os nenos e nenas de 3º demostramos as nosas habilidades na percusión e fixemos unha exhibición de Acrosport. Gracias ao traballo e paciencia  dos mestres Marta e Andrés os resultados falan por si mesmos...
Preme no vídeo para lembrar ese momentos.

FESTIVAL FIN DE CURSO I

Os paraces de 4º creamos e interpretamos a nosa propia obra de teatro con un montón de historias vividas neste curso dende a visión dunha nena que chega nova ao cole.
Preme na imaxe para ver o vídeo!

domingo, 26 de xuño de 2011

EXCUSIÓN AO ECOPARQUE DE MARÍN!!!!

Xa tendes as fotos das últimas celebracións na GALERÍA da páxina web. Aquí vos deixamos un video cos mellores momentos da excursión de fin de curso. Esperamos que vos guste!!!! En breves colgaremos outro coas actuacións do Festival!!!
 
 

sábado, 18 de xuño de 2011

FESTIVAL DE BAILE MODERNO.

O venres pola tarde celebrouse o festival de Baile Moderno no cole. Que non tivestes a sorte de asistir?? Non vos preocupedes, aquí vos deixamos un pequeno video cos mellores momentos das distintas actuacións.
Moitas felicidades compañeir@s, estivo xenial!!!!!


venres, 10 de xuño de 2011

Creando CALIGRAMAS!!!

Queredes ler de forma divertida???
Cos nosos caligramas podédelo facer. Aquí volos deixamos para disfrutar da lectura de forma distinta.
Ata, se vos animades, podedes crear os vosos, ánimo!!

xoves, 9 de xuño de 2011

TERROR NO COLE

Os escritores, Mario e David, fixeron un conto terrorífico que queren compartir con todos vos. Aquí o tedes.

Esperamos que non lle collades medo o cole e que vos guste!!!!!!

mércores, 8 de xuño de 2011

ACTIVIDADE INTERESANTE!!!

Que non tes nada que facer o venres 10 de xuño, ás 18:30 horas terás unha sesión especial de contacontos. O lugar da actividade é no Espazo EMAO (esquina das rúas Rosalía de Castro e Pontevedra).
Se clicades na imaxe poderedes acceder ao blogue de Kalandraka e obter máis información sobre a actividade.


martes, 7 de xuño de 2011

REPASANDO O ÚLTIMO TEMA DE LINGUA!

Ánimo rapaces... Estamos a rematar o curso.
Un último esforzo para repasar e traballar o tema 15 de lingua!!

DIVIDE MENTALMENTE...

Proba con este xogo para repasar a división dunha forma rápida...
Ánimo e... a dividir!!

luns, 6 de xuño de 2011

XOGANDO COAS MEDIDAS...

Aquí vos deixamos un vídeo no que se pode apreciar como os rapaces de terceiro poñen en práctica as ideas aprendidas nas clases: o alto, o largo, o perímetro, o radio ou o diámetro xa non son un problema...

venres, 3 de xuño de 2011

FACENDO MALABARES: A XEOMETRÍA

Presta atención e repasa o traballado na clase!
Preparados, listos, xa...
clica nas imaxes


 



XOGANDO COAS HORAS

Aquí tendes o enlace a unha páxina web con divertidos xogos para repasar as horas nos reloxos analóxicos e dixitais.
clica enriba da imaxe

mércores, 1 de xuño de 2011

REPASANDO O TEMA 14

A piques de rematar o tema 14, déixovos o enlace a unha páxina web para que poidades repasar o traballado na clase.


clica na imaxe