Amosando publicacións coa etiqueta Arts and crafts. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Arts and crafts. Amosar todas as publicacións

xoves, 7 de maio de 2020

Viaxando coas nosas PAISAXES!!

Tedes unha ventá cerca? se non a tedes buscádea. Mirade a través dela, qué vedes?  Agora  xa sabedes decir que tipo de paisaxe vedes, verdade?

Estivemos traballando as paisaxes, coñecimos as características das paisaxes de costa, de montaña, de chaira,... Coñecimos os tipos de paisaxes que atopamos na nosa terra, Galicia.

Pois agora vamos a disfrutar coa paisaxe que elixades.

Esta actividade  acordámola  coordinadamente a mestra de Arts, Auri e máis eu .

Ahí vai!!! 

Queríamosvos propoñer unha actividade moi sinxela pero moi vistora para traballar a liña e a cor, e así crear unha actividade plástica para a que precisades un folio ou folla de bloc de debuxo (quen o teña), rotuladores ou pinturas e a vosa imaxinación.

Deixamos exemplos nos que vos podedes inspirar. Animádevos porque é moi lucida.









  

Adiante, xa sabedes, podedes debuxar o que vedes pola vosa fiestra ou unha paisaxe que vos guste!!! 

A viaxar coa imaxinación e a creatividade!! 

luns, 2 de decembro de 2019

"VIGORECICLA"

Hoxe, no cole, recibimos a visita de Dinoseto, que entre bailes e cancións ensinounos a reciclar. Aprendemos un montón!! Sabiades que os plásticos, se teñen restos de comida, xa non poden ir ao plástico e deberiamos lavalos primeiro? Neste cole... xa non hai reciclaxe que se nos resista!!
















sábado, 1 de marzo de 2014

Preparando o Entroido

O xoves, 27 de Febreiro celebramos o Festival de Entroido.
No segundo ciclo fomos disfrazados de mariñeiros e mariñeiras, baixo o nome de "Cicloxénese Implosiva", en homenaxe a este tempo tan marabilloso que nos leva acompañado dende que comezou o trimestre.
Deixámosvos aquí algunhas fotos da preparación do Festival.

Non esquezades visitar a páxina web do cole para ver os vídeos do Festival!


venres, 20 de decembro de 2013

Bo Nadal 2013!

Chega o Nadal, e os nenos e nenas do 2º Ciclo queremos felicitar ás nosas familias como merecen. Por iso estivemos traballando nunha postal inspirada no traballo que desenvolveremos no 2º e 3º trimestre.



Dentro do Proxecto da Biblioteca: "Vivamos como galegos. Coñezamos Galicia", nós traballaremos Illas e Faros da nosa costa. Pero para iso aínda queda un pouco e agora queremos desexarvos Felices Festas e unha boa entrada no ano 2014!


venres, 1 de marzo de 2013

Tangram

O xoves rematamos o mes de Febreiro construindo o noso propio Tangram de cartulina e montando a figura dun gato.
Fixemos un gran traballo. Preme na imaxe para ver o ben que o fixemos.


sábado, 3 de novembro de 2012

Halloween handcrafts

We made these scary pencil cases for Halloween, aren't they cool?

We hope you enjoy the pictures!