venres, 29 de maio de 2020

RETO ESCRITOR: CERTAME LITERARIO 2020

Chegamos  o último día da semana!! Para a semana comezamos o mes de xuño!! Ánimo chic@s, falta pouco para as vacacións e para poder xogar e ler moito máis.

Hoxe tocanos.........  


RETO ESCRITOR  a través do CERTAME LITERARIO DO CARBALLAL!!!!

A proposta do escritor de hoxe vai a ser algo diferente, e non vai a ser para min.... Cóntovos...

Como moitos vos recordaredes,  no colexio todos os anos facíamos un Certame Literario para as Letras Galegas. E que era iso?  Pois o alumnado e familias escriben en GALEGO o que lles apetece, un cómic, unha poesía, unha historia,...  dabamoslla ao noso mestre, e  no cole  facíamos unha recopilación, posta en común , presentación e agradecemento pola participación no mesmo.

Pois hoxe, o noso caderno escritor vai a ser ese: Participar no Certame Literario deste ano.

Cómo podedes participar?  Aquí tedes as  respostas, no cartel deste ano!!!



Tamén nos dan as seguintes indicacións:

Podes enviar os teus traballos a edlgcarballalcabral@gmail.com
 
Os traballos poden entregarse en formato word, odt, pdf ou fotografía. 

Non esquezas poñer:

  • Nome, apelidos e curso.
  • Modalidade de participación (poesía, narrativa ou cómic).
  • Categoría na que participas (familias, infantil e 1º EP, 2º e 3º EP, 4º,5º e 6º EP ou nais e pais).
É importante que:
  • Se envías o teu traballo en fotografía, asegúrate de que a foto non está borrosa.
  • Corrixe as faltas de ortografía.
  • Non esquezas que é en GALEGO.
  • Se participas na categoría cómic non esquezas pintar con cariño os debuxos e bordear as letras para que se vexan ben. 
O reto escritor deste venres último de maio é moi divertido, ou non?  Só tedes que escribir unha historia, lenda, poesía, cómic, o que elixades en GALEGO  e envíalo ao correo electrónico  edlgcarballalcabral@gmail.com,  eso sí, só tedes ata o domingo 31 de maio para facelo.


A min tamén me gustaría que mo enviarades.......

Veña chicos, que hoxe só é escribir un!!! e para a semana entramos no mes de Xuño!!!

A desfrutar da fin de semana, do sol, dos xogos, dos libros,........


Ningún comentario:

Publicar un comentario