mércores, 19 de xuño de 2019

Casi rematando!!!

Proba final!! Toca facer unha gymkana en todo o patio. A buscar as pistas e despois resolver as probas. Conseguímolo?? Non o conseguimos??? Pasamolo xenial e por suposto, soubemos disfrutar xogando. A gymkana rematou coa entrega dos correspondetes diplomas a todos os participantes deste curso: os alumnos de 4º de E.P. do ano 2018/2019. A disfrutar do verán!!!!

Saboreando o verán!!!

A piques estamos de empezar as vacacións!!! Xa acabamos as nosas "27 historias para tomar a sopa" e con elo as decoracións dos nosos magníficos mandís de cociña. Agora tocaba empregalos antes de irnos, polo que.... fixemos unha deliciosa tarta de peixe!!!!! Pero.... a gran pregunta..... Despois das 27 historias, o neno tomou a sopa???? Haberá que averigüalo!!!!

martes, 18 de xuño de 2019

Xogos de fin de curso!!!

Con todo o que se traballou este ano temos unhas merecidas vacacións de verán. Antes de irnos de vacacións vamos aproveitar os últimos días cos nosos compañeiros para disfrutar con divertidos xogos. Así de ben o pasamos!!!!

luns, 17 de xuño de 2019

Xogando cos peixes da "Porta Dourada"

Como remate de traballo da porta dourada hoxe decicimos sumerxirnos no Río Meu con Tina. Para elo fixemos uns peixes moi moi bonitos. Así de fermoso nos quedou o noso traballo!!! Se queremos saber como Tina saíu do Río, xa sabedes... a rematar o libro no verán!!! Agora que remata o curso, tamén aproveitamos para facer un libro recordando o curso. Moi bo traballo chicos!!!

mércores, 12 de xuño de 2019

Xogando coas palabras

Xa rematando o curso, en breve tocara disfrutar . Nesta ocasión reforzamos o que xa descubrimos, que as palabras que utilizamos podemos clasificalas segundo o tipo: nome, adxetivo, verbo,... E nestes xogos andivemos liados cos nomes, verbos e adxetivos.

luns, 3 de xuño de 2019

Xa estamos listos!!!

Estamos preparados para empezar a expoñer o noso proxecto a todolos compañeiros e compañeiras do colexio. Empezamos: