mércores, 3 de xuño de 2020

Case chegamos ao tesouro!!!

Veña piratiñas!!!! Quen pirata conseguirá o tesouro? Cada vez quedan menos piratas!!!
Sigamos a nosa aventura.....








Eles eran tres piratas
ao rastrexo dun tesouro.
Andaron dúas xornadas
sen atopar sin asomo.

Prenderon unha fogueira.
Cantaron con voz roufeña.
Veña ron, veña gasosa,
montaron unha verbena..

Xa vén a lúa saíndo
con tres estrelas de lado,
A do medio vén dicindo que Elvira ten namorado.
Ai Elvira!
Ai, meu ben!
A vida é tan fermosa,
para quen amores ten!
A roupa da miña Elvira,
non se lava con xabón.
Lávase con auga de rosas
dentro do meu corazón.
Ai, Elvira!
Ai, meu ben!
A vida é tan fermosa,
para quen amores ten!

Bailaban dous dos piratas;
facían boa parella.

Quedou Corazón de Boi
solitario coa súa pena.

Apareceu unha corsaria,
Vanesa Caracortada,
cun caravel entre os dentes
e un puñal nas enaugas.
Abrazouno con paixón
e iniciaron unha danza.
Raptouno, marchou con el
á súa nave Capitá.
Foi así que, por amor,
daqueles tres perdularios,
xa tan só quedaron dous.

E un papagaio:
-Quiniiiiino!

Dous piratas cobizosos
divisaron unha casa
solitaria.
Dous andares,
unha porta,
e tres xanelas sen persianas.

Cun xardín e unha reixa
nin moi alta, nin moi baixa.
Saltárona
con coidado.
Camiñaron
de punteiras...
Cando de súpeto, guau-guau!,
ladrou o can.
O capitán subiu ao alpendre.
O  Pistraca saíu pitando
co cadelo atrás del. Guau-guau!

Por este leiro bravún
daqueles dous barallocas
soamente quedou un.

E un papagaio:
-Grou-grou, raios...! - Dixo en baixo o papagaio,

porque o capitán Bocanegra
apertáballe o peteiro
para que non o delatase
cos seus escandalosos berros.

Comezamos as actividades, que a piques estamos de chegar ao tesouro.....

  • Canto tempo andiveron os piratas sen atopar o tesouro?
  • Na canción dos piratas, con qué se lava a roupa de Elvira?
  • Despois de tanto bailar, que corsaria apareceu?
  • Cómo é a Corsaria?  Describea e debuxaa.
  • Quen marchou coa Corsaria?
  • Cómo é  a nave Capitá? Fai un debuxo dela.
  • Describe  e debuxa a casa que atoparon os dous piratas.
  • Qué sucedeu cando ladrou o can da casa?
  • Como se chamaba o can?
  • Ademáis do can, había alguén na casa no momento en que chegaron os piratas?
  • Qué fixo o pirata que quedou para que o can non ladrase?
  • Qué único pirata quedou na busca do tesouro?
  • Qué fixo o Capitán na casa?
  • Escribe o xénero e o número das seguintes palabras

xornadas            asomo            fogueira                estrelas               amores                     enaugas

  • Cal é a palabra primitiva destas palabras derivadas?
           rastrexo      fogueira               cobizosos               solitaria            
  • Rodea os adxetivos das seguintes oracións.
A vida é tan fermosa, para quen amores ten
Dous piratas cobizosos divisaron unha casa solitaria.
Cun xardín e unha reixa, nin moi alta nin moi baixa.
Apertáballe o peteiro para que non o delatase cos seus escandalosos berros.

  • Busca no texto duas oracións exclamativas e escríbeas.
  • Rodea os sufixos destas palabras
rastrexo     fogueira             estreliñas          corazonada       festín         punteiras         bravún
  • Hai algunha oración interrogativa no texto?
  • Escribe dúas palabras derivadas a cada unha destas palabras primitivas
             voz                       auga                    parella                rosas 
  • Caracortada é unha palabra composta. Construe algunhas palabras compostas coa palabra auga
  • Os piratas montaron unha festa. Escribe o cartel da festa pirata que montaron. Recorda como se facia un cartel de festa....
    • Pensa moi ben o que vas poñer
    • Para quen é a festa
    • Fai bonitos debuxos e que chamen a atención.
    • Non olvides os datos imprescindibles: cando é, onde, lugar,..
    • Coidado coa ortografía...
  • Creación final antes de atopar o preciado tesouro, para quen se anime......
.


Piratas!!! Non queda nada para o atopar o tesouro!!!  
Só queda o capitán e o papagaio!!!!

Misión: XOGAR E LER




Ningún comentario:

Publicar un comentario