venres, 12 de xuño de 2020

Gardando os lápices : REVISTA " O COTO"

Chegamos o final da semana e case chegamos ao final do curso tamén!!

Só falta unha semaniña para que o curso acabe e comezedes as desexadas vacacións!!!

Recordando os venres..... facemos..... CADERNO ESCRITOR!!!!!


E non sei se recordades.... cando o curso remata..... todos os anos.... Entre todo o alumnado do colexio, ANPA, O COTO, facemos unha revista "O COTO"  na cal reflexamos o que foi o curso:  poñemos  recordos de excursións, actividadades que levamos a cabo, algo de entroido, adiviñas, encrucillados, sopa de letras, cómics, ditos,.....   

Se premes na imaxe tes algunhas das revistas de anos anteriores que podes ollar e ata te podes buscar en algunha foto.....





https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcarballalcabral/taxonomy/term/36

Isto está  na páxina web do cole, na marxe dereita, despois dos enlaces dos blogs.


ACTIVIDADE DE HOXE!!!!

  • Escirbir, debuxar, crear, ....a vosa aportación para a revista do cole de este curso 2019-2020.
  • Temos que crear en GALEGO o que nos apeteza que quede reflexado na revista: entrevistas, ditos, adiviñas, debuxos, recordos de excursións, festivais, contos, experimentos,  sopa de letras, encrucillados, despedidas, ........
  • Tédelo que facer coa letra que vos sabedes: esa letra espectacular que vos tedes.
  • En bolígrafo ou rotulador,  para que se vexa moi moi ben.
  • Se facedes debuxos, moi ben pintados, para que se poidan apreciar maravillosamente.
  • Tedes que facer o que vos xa sabedes: unhas presentacións maravillosas!!!
 Animádevos e facedeo como vos sabedes!!
 
É a última actividade deste curso!!

Ata me da pena escribir isto....
 

Pero para a semana inda seguimos aquí ..... esa sí que é a última e logo a desfrutar do verán que o tedes máis que merecido e as vosas familias igual!!!!


A DESFRUTAR DA FIN DE SEMANA!!!

XOGAR E LER!!!!
 



Ningún comentario:

Publicar un comentario