xoves, 4 de xuño de 2020

A AUGA NA TERRA!!!

Bos días!! Como estades?? Hoxe toca coñecer un pouco  máis a nosa TERRA e  imos ver que era iso da HIDROSFERA



 





CURIOSIDADES DA AUGA
  • O 70 % da Terra está cuberta de auga, só un 3 % é auga doce e a maioría desa auga doce (2%) está conxelada.
  • Durante 100 anos, unha molécula de auga pasa 98 anos no océano, 20 meses en forma de xeo, 2 semáns en lagos e ríos e menos dunha semana na atmósfera.
  • As gotas da choiva non son en forma de lágrima, máis ben teñen forma de esfera.
  • A auga suón o 55 % do peso dun adulto e precisamos beber aproximadamente dous litros de auga ao día.
  • Unha persoa pode vivir sen alimentarse  un mes, pero só 7 días como máximo sen beber auga.
  • A maioría da auga que consumimos procede dos alimentos.
  • Inxeñeiros da Universidade de Florida crearon unha superficie plana  que non se humedece, as gotas rolan sobre ela.
  • Precisanse 450 litros de auga para producir un ovo de galiña  e 148000 litros apra fabricar un coche.
  • Na Universidade de Tokio crearon un material chamado auga elástica, ideal para fabricar medicamentos e reparar tecidos.

Agora con toda esta información comeza o noso traballo:

  • Elaboramos o noso esquema.
  • Creamos o noso ciclo da auga
    • Eu fago esta proposta pero xa sabedes que vos podedes sorprenderme coas vosas....


  • Buscamos máis curiosidades a cerca da auga.
  • Cantos océanos e mares hai no planeta terra? cómo se chaman?
  • Busca o nome de 5 lagos do planeta terra e indica en que pais están.
  • Cal é o río máis longo do mundo?
  • Onde está a zona con máis xeo do planeta?
  •  Pintamos co estado sólido da auga: PINTANDO CON XEO
    •  Precisamos: auga, témperas, cubeta de xeos, palillos de xeado ou brocheta.
    • Enchemos a bandexa de cubitos de xeo ata a mitade.
    • En cada espazo da bandexa poñemos un color. mezclando a auga coa tempera 8 mitade auga mitade témpera).
    • Deixa a bandexa no conxelador aproximadamente 30 minutos.
    • Pon o pauciño en cada cor. Despois de 30 minutos a auga debería estar convertíndose en xeo, así o pauciño queda parado.
    • Volve poñer a bandexa na nevera ata que os xeos estén listos. (mellor ao día seguinte)
    • Xa tes auga en estado sólido para pintar!!!
  • Fichas interactivas



El agua en la Tierra, una ficha interactiva de Jeminco
liveworksheets.com

La hidrosfera, una ficha interactiva de MMG91
liveworksheets.com

El ciclo del agua, una ficha interactiva de LVillanova
liveworksheets.com


A DISFRUTAR DE XOGOS E DA LECTURA!!!! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario