luns, 20 de maio de 2013

Visita Centro de Interpretación das Illas Atlánticas e CAT

O 8 de Maio de 2013 fixemos unha excursión moi completa xa que fomos ao Centro de Interpretación das Illas Atlánticas e tamén ao Centro de Artesanía Tradicional. (E aínda tivemos tempo de xogar un pouco no parque da Praza do Rei).

O Centro de Interpretación das Illas Atlánticas está na Rúa Oliva, no Casco Vello de Vigo. Alí achegámonos aos catro arquipélagos que conforman o parque (Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada) e aprendemos sobre os valores ambientais e etnográficos dos mesmos. Se queredes saber máis, premede neste enlace sobre o Museo e tamén neste sobre o Parque das Illas Atlánticas.

     

O Centro de Artesanía Tradicional acolle unha exposición de roupa elaborada mediante reciclaxe e estampación na súa planta alta e na planta baixa está dedicada ao oficio de cestería.
Aprendemos sobre os materiais que se utilizan (vimbios, madeira rachada...) e os obxectos que se elaboran (cestos, axóuxeres, nasas, patelas...).
Tamén fixemos unha práctica de cestería con vimbios, nun peixe decorativo.
Se queredes saber máis sobre o CAT, premede neste enlace.

Ningún comentario:

Publicar un comentario