venres, 18 de xuño de 2021

Ultima saida ao monte: Toda unha aventura....

Toda unha aventura resultou a nosa saída ao monte!! Tiñamos moitas ganas!!  Estábamos mirando en todo momento para o ceo a ver se podíamos saír, despois de aplazala e só quedarnos un día para poder levala a cabo. 

Ao final saimos!!! De maravilla fixemos a ruta!! 

Chegamos ao monte e xogamos libremente un pouco. Cando estábamos merendando comezou a chover e tivemos que resgardarnos nun soto que nos cedeu o colexio que está alí preto. Alí rematamos de merendar e fixemos varios xogos, mentras paraba de chover.

Vimos un claro no ceo e regresamos ao colexio.

Non puidemos investigar os animais que había no monte, intentarémolo facer outro día....

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario