xoves, 19 de decembro de 2019

O monte en decembro

Facía frío, o chan estaba cheo de follas húmidas. As árbores movíanse moito, era coma se estivesen bailando; as súa ramas estaban espidas, e chegaban ata un ceo gris que ameazaba choiva. Atopamos un cogumelo violeta, flores moradas e unha piña mordida por un esquío. As cascas das árbores estaban como tinguidas de verde, será musgo? , non sabemos. Teremos que investigar....

Ningún comentario:

Publicar un comentario