mércores, 17 de novembro de 2010

VISITA D@S ALUMN@S DE 1º E. PRIMARIA


Hoxe os alumnos de terceiro tivemos a sorte de ter a visita dos compañeiros de primeiro. Aproveitaron o tempo de lectura para representar o conto:"A castaña que rebentou da risa". 
Todos coincidimos en que fixeron unha moi boa posta en escea. Sen dúbida son uns grandes lectores.
Esta experiencia motivounos moito para seguir lendo.

Prometemos devolverlles a visita en breve!!

1 comentario: