mércores, 29 de maio de 2019

Preparandono a Exposicón do Proxecto de Biblioteca

O vindeiro luns día 30 realizaremos as exposicións dos traballos resultantes do Proxecto Documental Integrado deste curso "Unha viaxe polo espazo". No segundo ciclo xa estamos preparando a nosa exposición sobre A   LÚA.

xoves, 16 de maio de 2019

Traballando a Antón Fraguas

Semana das Días Letras Galegas: Esta semana estivemos investigando a Antón Fraguas a través dos carteis que todo o noso colexio creou do autor, carteis elaborados por outro colexio  e a través da navegación en internet.

martes, 14 de maio de 2019

DÍA DAS LETRAS GALEGAS: ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

Clima e San Andrés de TeixidoBiografía



Antonio Fraguas é o autor homenaxeado este ano nas letras galegas. Fai click nas imaxes e coñece a este autor a través de divertidas actividades.

luns, 13 de maio de 2019

Cohete para a lúa!!

Imos camiño do universo, polo que coñimos cohete e emprendemos a viaxe. Estamos a navegar en busca de información da nosa Lúa.

Xogando coas palabras!!

Xa estamos na última recta final do curso, polo que agora estamos repasando os distintos conceptos das linguas a través de xogos diversos. A desfrutar!!!

sábado, 13 de abril de 2019

Os sentidos de cuarto!!!

Estos días estivemos recordando que toda a información que nos rodea, recollemola e analizamola grazas aos cinco sentidos que temos. Ademais diso, o alumnado de cuarto creou unhas magníficas actividades para que os compañeiros puideran profundizar na experiencia de cada sentido. Enhoraboa polas actividades!! Todos o pasaron e experimentaron fenomenal!!!

luns, 1 de abril de 2019

"Bruxa e Familia " De Paula Carballeira

Qué bonito é descubrir que vivimos con moitos animais dos cales nin sequera nos damos conta. Onomástica invitounos a súa casa e alí foinos presentando aos familiares cos que vivía. A través dela nos tamén puidemos reflexionar e observar nas nosas casas que non só convivimos coas nosas nais, pais, irmáns, irmás, avoas, avós,... senón que hai mais seres vivos na nosa casa os cales sempre é un pracer descubrilos e divertirse con eles. Tamén tivemos a gran sorte de que a autora desta historia, "Bruxa e Familia" nos viñera aclarar certas dúbidas e inquedanzas que tiñamos.  Pasamos un formidable rato con Paula Carballeira!! Grazas!!!