O vindeiro luns día 30 realizaremos as exposicións dos traballos resultantes do Proxecto Documental Integrado deste curso "Unha viaxe polo espazo".
No segundo ciclo xa estamos preparando a nosa exposición sobre A LÚA.
mércores, 29 de maio de 2019
xoves, 16 de maio de 2019
Traballando a Antón Fraguas
Semana das Días Letras Galegas: Esta semana estivemos investigando a Antón Fraguas a través dos carteis que todo o noso colexio creou do autor, carteis elaborados por outro colexio e a través da navegación en internet.
martes, 14 de maio de 2019
DÍA DAS LETRAS GALEGAS: ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS
luns, 13 de maio de 2019
Cohete para a lúa!!
Imos camiño do universo, polo que coñimos cohete e emprendemos a viaxe. Estamos a navegar en busca de información da nosa Lúa.
Xogando coas palabras!!
Xa estamos na última recta final do curso, polo que agora estamos repasando os distintos conceptos das linguas a través de xogos diversos. A desfrutar!!!
sábado, 13 de abril de 2019
Os sentidos de cuarto!!!
Estos días estivemos recordando que toda a información que nos rodea, recollemola e analizamola grazas aos cinco sentidos que temos. Ademais diso, o alumnado de cuarto creou unhas magníficas actividades para que os compañeiros puideran profundizar na experiencia de cada sentido. Enhoraboa polas actividades!! Todos o pasaron e experimentaron fenomenal!!!
luns, 1 de abril de 2019
"Bruxa e Familia " De Paula Carballeira
Qué bonito é descubrir que vivimos con moitos animais dos cales nin sequera nos damos conta. Onomástica invitounos a súa casa e alí foinos presentando aos familiares cos que vivía. A través dela nos tamén puidemos reflexionar e observar nas nosas casas que non só convivimos coas nosas nais, pais, irmáns, irmás, avoas, avós,... senón que hai mais seres vivos na nosa casa os cales sempre é un pracer descubrilos e divertirse con eles. Tamén tivemos a gran sorte de que a autora desta historia, "Bruxa e Familia" nos viñera aclarar certas dúbidas e inquedanzas que tiñamos. Pasamos un formidable rato con Paula Carballeira!! Grazas!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




