venres, 30 de novembro de 2018

Piruletas de chocolate

Xa estamos na recta final do noso viaxe ao Inframundo. Acabamos de coñecer a Amanito..... Necesitamos moita enerxía para esta Gran Carreira. Por iso Mateo e Candela nos ofreceron unhas deliciosas Piruletas de Chocolate!!!!

mércores, 28 de novembro de 2018

Arqueólogos por un día!!!!!

Entramos na prehistoria, e que mellor momento que facer construccións megalíticas de Galicia no noso patio. Saimos o patio, buscamos as pedras apropiadas e... a construir dolméns, menhires e cromlech!!!! A única diferencia que había cos nosos antepasados era o tamaño das pedras, xa que o diseño das construccións é moi moi similar.

luns, 26 de novembro de 2018

24 piratas a bordo do "Marabillas"

Neste trimestre, entre outros, estivemos lendo o libro "Dez Piratas". Unha vez lido , convertímonos en piratas facendo os nosos gorros e un libro no cal creamos aos nosos dez piratas, o seu barco , o seu tesouro e o seu papagaio.

Arte Rupestre

Comezamos a descubrir a Prehistoria. Saber como vivían os nosos antepasados, que comían, onde habitaban,...como foron evolucionando. Tamén descubrimos a arte que nos deixaron: pintadas nas rochas das covas que representaban a súa vida. Nos tamén nos volvímos prehistóricos por un día e pintamos nas tonalidades de cores que empregaban eles, os seus debuxos, representacións,...