venres, 20 de abril de 2018
Visita de Chinto "Cambiache o Conto"
Nestos días veunos visitar Chinto, o autor, xunto con Pinto, do libro "Cambiache o conto", libro que o ano pasado tiveron a sorte de disfrutar e traballar nel estes nenos e nenas e este ano levar a firma do autor no propio libro.
Grazas pola visita!!
domingo, 15 de abril de 2018
Visita ao Teatro Afundación
O Pasado día 12 de Abril os alumnos de 3ª e 4º vistaron o teatro Afundación para ver a obra "Na percura do Tesouro"
Moura, a gardiá da cova, axudará a Xurxo para se liberar das mentiras e os enganos da malvada Serpe e daralle as pistas para descifrar os enigmas e así superar as probas para atopar o tesouro. Música en directo, lendas,romances,zanfonas,alalás,cantigas, refráns e seres mitolóxicos conforman a senda que nos levará a descubrir o auténtico colectivo: un tesouro que só ten valía se o compartimos e o respectamos.
mércores, 21 de marzo de 2018
Creando Instrumentos Meteorolóxicos
Estivemos creando distinos instrumentos para medir a choiva, o vento, a dirección do vento, a temperatura.... Agora presentámosvos en vídeo a forma de crealos na casa e para que sirven. Animarse a facelos na casa!!
venres, 16 de marzo de 2018
Aprendices de xeógraf@s
Xa estamos traballando a organización territorial mundial e a do noso país: España.
Con estes mapas interactivos podedes aprender e repasar os distintos países que forman Europa e as Comunidades e Cidades Autónomas que forman España.
![]() |
| Xogo 1. Apto para tablets |
![]() |
| Xogo 2. Só para ordenador |
PAÍSES EUROPEOS
![]() |
| Xogo 3. Apto para tablets |
![]() |
| Xogo 4. Só para ordenador |
COM. AUTÓNOMAS
martes, 6 de marzo de 2018
COSEDORES DE VENTOS
Por fin sabemos a onde se vai Rubicundo coa sua bicicleta polo ceo adiante: sae a tecer ventos pola noite para que non haxa furacáns, nin ventiscas,.... Nos tamén quixemos convertirnos en cosedores de ventos e alá nos puxemos mans a obra: a coser ventos!!!
venres, 2 de marzo de 2018
Demostrativos, posesivos e numerais
A descubrir máis tipo de determinantes!! Agora tocoulle aos demostrativos, posesivos e numerais. Xa sabemos cales son!! agora, se vos apetece, a repasar premendo nas imaxes!!
luns, 26 de febreiro de 2018
Pirámide de alimentos
Qué comemos??? qué debemos comer??? Na clase de terceiro estivemos facendo unha pirámide alimenticia para aprender qué alimentos debemos comer a diario e cales semanalmente.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)











