luns, 15 de abril de 2013

Visitamos Vitrasa!

O pasado Mércores, 10 de Abril visitamos as instalacións de Vitrasa, en Vigo.
Fomos nun bus turístico e pasámolo de medo!
Aprendemos moitas cousas interesantes: cómo funcionan as máquinas de imprimir billetes, cómo reparan os autobuses que están avariados, cómo se controlan as diferentes liñas de autobús dende unhas pantallas...
Foi moi divertido. Deixámosvos unhas fotos para compartir con vós a experiencia.

mércores, 27 de marzo de 2013

Rematou o trimestre!



Rapaces e rapazas, rematamos o segundo trimestre!
Agora a repoñer forzas para dar o mellor de nós no terceiro, traballar moito e sacar moi boas notas.





Aquí vos queda unha foto dos vosos compañeiros Izan e Alejandro, que durante o segundo trimestre traballaron arreo e melloraron un montón. Noraboa!

sábado, 16 de marzo de 2013

A Balea Negra

O martes, 12 de Marzo visitamos a exposición "A Balea Negra" no MARCO (Museo de Arte Contemporánea).

O MARCO está na Rúa Príncipe e antigamente era unha prisión.

Inaugurouse como Museo o 13 de Novembro de 2002, xusto o mesmo día no que tivo lugar o afundimento do Prestige e o desastre ecolóxico que tivo lugar a causa do verquido do petróleo que transportaba.

Para conmemorar o 10º aniversario desta data, o MARCO organiza a exposición "A Balea Negra"


A exposición recibe o seu nome dun soño que tivo Manfred, un alemán que decidiu quedarse a vivir en Camelle (Camariñas), construíu un refuxio preto do mar e elaborou moitas esculturas e obras de arte. No seu soño, Man viu unha grande balea negra que asolaba as costas de Galicia e derruía o seu fogar e as súas obras.

Este soño foi, en certo modo, unha premonición do desastre que asolagaría as costas de Galicia, Portugal e parte do Norte de España, chegando incluso a algúns puntos de Francia.

Se queredes saber máis, premede nos diferentes enlaces. Lembrade que ata o 31 de Marzo podedes visitar a exposición coas vosas familias de maneira gratuíta.

Así foi como vivimos nós a exposición:

venres, 1 de marzo de 2013

Tangram

O xoves rematamos o mes de Febreiro construindo o noso propio Tangram de cartulina e montando a figura dun gato.
Fixemos un gran traballo. Preme na imaxe para ver o ben que o fixemos.


mércores, 27 de febreiro de 2013

150 Aniversario de "Cantares Gallegos"

A nosa poetisa Rosalía de Castro está de Aniversario. Este ano 2013 cúmplense 150 anos da publicación da primeira edición de "Cantares Gallegos".

Deixamos no lateral esquerdo o vídeo que gravamos da poesía "Pasa río, pasa río..." e tamén queremos animarvos a que visitedes o blog da biblioteca para ver máis cousas interesantes sobre esta autora.


Preme na imaxe para visitar o blog.

xoves, 7 de febreiro de 2013

DE COMO MAESE CEREZA...



CAPÍTULO I

De cómo el carpintero maese Cereza encontró un trozo de madera que lloraba y reía como un niño.


--Pues, señor, éste era...
--¡Un rey! --dirán en seguida mis pequeños lectores.
--Pues no, muchachos nada de eso.
Este era un pedazo de madera.
Pero no un pedazo de madera de lujo, sino sencillamente un leño de esos con que en el invierno se encienden las estufas y chimeneas para calentar las habitaciones...
LAS AVENTURAS DE PINOCHO.
CARLO COLLODI.


Así comeza a historia do títere máis famoso do mundo enteiro: PINOCHO...
E esa, como todos/as sabedes, é a personaxe que escollimos este ano para disfrazarnos no ENTROIDO...

xoves, 31 de xaneiro de 2013

Xa estamos traballando no Proxecto da Biblioteca!

Xa temos en marcha, vento en popa e a toda vela, o proxecto da Biblioteca.

Estamos a traballar como biógrafos profesionais, indagando nas vidas de autores de contos clásicos.

Se queres ver cómo nos vai, preme no Carbi.