luns, 26 de novembro de 2018
Arte Rupestre
Comezamos a descubrir a Prehistoria. Saber como vivían os nosos antepasados, que comían, onde habitaban,...como foron evolucionando. Tamén descubrimos a arte que nos deixaron: pintadas nas rochas das covas que representaban a súa vida. Nos tamén nos volvímos prehistóricos por un día e pintamos nas tonalidades de cores que empregaban eles, os seus debuxos, representacións,...
luns, 19 de novembro de 2018
Flan de chocolate de Sandra e Eva Pérez!!!!!
Chegou a hora!!!! mmmmmmm!!! Flan de chocolate!!!Sandra e Eva Pérez elaboraron un deliciosa Flan de chocolate que todos puidemos desfrutar, mentras Escarlatina e Román seguen no fogar-tumba a pensar como van a facer ese prato para vivos e mortos.
martes, 13 de novembro de 2018
Ratatouille ao estilo de Leila e Joel
Hoxe tocounos rica verdura!!!!! un exquisito ratatouille de Leila e Joel. Leila trouxonos magdalenas de Ratatouille e Joel brochetas de Ratatouille. Enhoraboa os dous pola adaptación da receita!!!!
luns, 5 de novembro de 2018
Cookies de chocolate XXL de Rosalía e Carla
A punto esta de chegar o mortobús, pero antes tomamos unhas exquisitas cookies XXL feitas por Rosalía e Carla Carrera. Agora xa podemos iniciar a viaxe. En breve entraremos no Inframundo!!!
Xogando co Campo Semántico!!!
Estes días estivemos vendo a diferencia entre campo semántico e familia de palabras. Para iso fixemos uns xogos e puidemos repasar tamén distintos conceptos adquiridos: os tipos de oracións, as silabas tónicas das palabras,a orde alfabética,....
Pizza Romana ao xeito de Roi e Xiana
Chegou o momento, activamos a Escarlatina. Cal será agora a misión?? conseguirana Román, Dodoto, Escarlatina e Lady Horreur? Por agora nos vamos a coller moita enerxía para comezar a aventura coa pizza romana que fixeron Roi e Xiana. Deliciosa, deliciosa!!!
domingo, 4 de novembro de 2018
Somos Cabazas de Samaín!!!!
Qué ben o pasamos o día de Samaín-Halloween!!! Antes de desfrutar cos xogos preparados, todos os alumnos nos convertemos en cabazas. Para iso contamos coa gran axuda dos pais que nos viñeron a maquillar para sufrir esa transformación. Gracias!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)