martes, 23 de outubro de 2018
Denis e Leyre con seus boliños de pan
Desta vez tocoulle a Denis e Leyre. Sabrosísimos boliños de pan branco con mestura de iogur. E estamos a piques de activar a Escarlatina..... Que gañas temos que comezar esta aventura con Román!!
martes, 16 de outubro de 2018
Eva e Sara: Brownie
Esta vez tocoulle a Eva e Sara. Estas cociñeiras fixeron un delicioso Brownie. Estaba para chuparse os dedos. E xa sabemos quen é Escarlatina, anque inda esta sen activar.
Anxo e Paula: Fabulosas galletas francesas recheas de Praliné
Esta semana os nosos chefs foron Anxo e Paula. Eles fixeron as fabulosas galletas francesas. Estaban exquisitasssss!!!!! Mentras seguimos sen saber quen é Escarlatina. Só que lle chegou un paquete a Román.....
OS TAPÓNS DAS LINGUAS
Tapóns para reciclaxe, tapóns para manualidades, tapóns para facer redondeis,.... Tapóns para xogar nas linguas. Os nosos tapóns trouxeron debuxos. Os debuxos tíñamolos que ordenar alfabéticamente. Clasíficalos segundo o xénero. Logo poñerlle adxetivos a cada un. A continuación facer frases con eles,.....
xoves, 4 de outubro de 2018
Recollendo a colleita
Este ano debido ao bo tempo puidemos recoller algo do plantado en Xuño. Si clicades na imaxe veredes o que levamos para casa, o que vamos a plantar e como axudamos para manter o horto. Gustounos moito!!!!!
martes, 2 de outubro de 2018
Magdalenas Caseiras para lamber os focillos
3,2,1, COMEZAMOS!! Este ano tocou "Escarlatina a cociñeira defunta". Nos como estamos vivos e non defuntos, vamos a probar todas as receitas que nos deixou Escarlatina. A primeira tocoulle a Carla Noqueira e Aroha, coas súas deliciosas Magdalenas Caseiras para lamber os focillos.
mércores, 19 de setembro de 2018
Comezo do curso na "Tafona"
Xa estamos de novo no colexio!!! o primeiro que temos que facer é o prometido. Continuando co noso proxecto da TAFONA comezamos o curso co forno encendido: fixemos croissants de xamón e queixo. Deliciosos!!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
