venres, 20 de decembro de 2013

Bo Nadal 2013!

Chega o Nadal, e os nenos e nenas do 2º Ciclo queremos felicitar ás nosas familias como merecen. Por iso estivemos traballando nunha postal inspirada no traballo que desenvolveremos no 2º e 3º trimestre.



Dentro do Proxecto da Biblioteca: "Vivamos como galegos. Coñezamos Galicia", nós traballaremos Illas e Faros da nosa costa. Pero para iso aínda queda un pouco e agora queremos desexarvos Felices Festas e unha boa entrada no ano 2014!


xoves, 19 de decembro de 2013

Visita ao Museo do Mar.

O Museo do Mar está ubicado na Avenida da Atlántida, en Alcabre (Vigo), e o primeiro que chama a atención del é a súa arquitectura. Cando o vemos por primeira vez parece unha fábrica... sabedes por que?





Situado á beira do mar, nun peirao onde se poden ver moitas embarcacións mariñeiras, está distribuído en tres edificios: dous de exposicións e un que acolle o Acuario.
Entre os dous edificios principais, na zona chamada "A Praza", podemos ver o Castro da Punta do Muíño, un poboado habitado entre os séculos VIII e I a.C.





No exterior do Museo tamén hai un Faro, pequeniño e de carácter simbólico (é dicir, que non funciona como guía), servindo coma homenaxe a todos os Faros de Galicia, que son unha construción característica da nosa costa. Pola súa ubicación, é un fermoso miradoiro das Illas Cíes.




Unha das pezas expostas no museo é o esqueleto dun cachalote femia, que apareceu varada na praia de Montalvo, en Sanxenxo. Na exposición podemos ver paneis que nos informan do proceso de limpeza dos ósos, montaxe do esqueleto e información interesante acerca dos cachalotes.


INVESTIGAMOS. Doazón de sangue

Nesta investigación aprendemos cousas que non sabiamos sobre a doazón de sangue, completando as cousas que xa sabiamos e resolvendo dúbidas. Aprendemos sobre os grupos de sangue e as compatibilidades entre grupos, a importancia de doar sangue, canto sangue che sacan cando doas...
Os resultados da nosa investigación deixámolos nestes murais:


Lembrámosvos que cando doamos sangue, regalamos vida, e axudamos a moitas persoas xa que do noso sangue extráense diferentes partes que se doan a diferentes persoas. Para aprender sobre a doazón de sangue, lugares de doazón, unidades móbiles, etc. podedes consultar a páxina web do Centro de Transfusión de Galicia premendo na imaxe: