mércores, 7 de xuño de 2023

Un día en Ourense!!!

 O curso remata, e con el, rematan os proxectos e investigacións. E que mellor xeito de rematar que descubrindo o investigado. Fixemos unha excursión a cidade de Ourense!!! Ruta turística polo centro da cidade: Praza Maior, Catedral, As Burgas,... Collemos o tren turístico que nos levou as Termas de  Outariz, onde nos demos un refrescante, ou quente, baño. 

Para rematar o día, despedímonos de Ourense e fixemos unha formidable visita para coñecer o Castro de San Cibrán de Las.

Pasamos un día xenial!!!!





venres, 31 de marzo de 2023

En busca do tesouro perdido!!!

  Despois de tanto traballo durante todo este trimestre merecemos un día especial cunha super búsqueda do tesouro no noso barco pirata.

Fixemos fenomenal a búsqueda pirata e logramos encontrar o tesouro no barco!!!

Un día especial cun final especial!!








xoves, 30 de marzo de 2023

Apestoso Tio Muffin

¡¡El bañerófono!! Objeto curioso que aparece en este  divertido libro y monta un gran lío.  
Durante este segundo trimestre hemos disfrutado con el olor horrible de Mr Muffin. No podemos contar más, solo animaros a leerlo.

¡¡Un libro recomendable!!

Bruxa e familia

Este trimestre estivemos lendo o libro de Bruxa e Familia de Paula Carballeira. Gustounos moito e moitos queríamos ser Onomástica, unha bruxa que vive nunha casa de Pedra a beira dun río. Vive soa, ou  non. Vive con moitos animais da casa, que a acompañan, cada un co seu nome e a súa historia.

venres, 17 de marzo de 2023

Comezamos a festa co ANIMALARIO

 Imonos de festa a diario co noso Animalario. Estivemos lendo divertidos poemas, gravámolos e xa sabes.... se queres escoitalos, aproxímate ao mural cun lector de código qr.



Divertíndonos coas polisémicas e coas homófonas

 Esta semana  estivemos xogando coas linguas. Tivemos dominó de palabras polisémicas e tarxetas de palabras homófonas.






Masa e volumen

 A semana pasada estivemos experimentando coa masa e o volume. Saímos ao patio e fixemos comprobacións coa auga, as pedras,  comprobamos a superficie,.....






xoves, 22 de decembro de 2022

Movendo o corpo no Nadal!!

 Aquí as nosas actuacións que preparamos para o último día do trimestre!!!!







Último día de cole!!!!!

 Día especial, este  último día de cole. E neste día especial  fixemos cousas especiales.... cousiñas que esperemos que as teñan  na súa mesa estes días de vacacións....









mércores, 21 de decembro de 2022

Proxecto das plantas

 Para o último tema de ciencias naturais fixemos un proxecto das plantas. Todos presentamos aos nosos compañeiros plantas moi diversas:  unhas coñecidas, outras aromáticas, unhas carnívoras, outras comestibles, unhas decorativas, outras do noso bosque,...  De todas elas analizamos as súas raices, talo, follas, a reproducción, a nutrición,...

Tamén buscamos información de plantas raras e curiosas.

Fixemos unhas moi boas presentacións!!🌱🌿🍀






xoves, 15 de decembro de 2022

Adiviñas do Nadal

 Estos días xogando co Nadal, estivemos facendo varias adiviñas de Nadal, que  aquí volas deixamos para que vos pensedes algo e adiviñedes de que estamos a falar.



mércores, 14 de decembro de 2022

Ángulos no xeoplano

 Agora tocounos xuntar as rectas e descubrir  ángulos. Traballos os distintos tipos de ángulos no xeoplano, e segundo as ordes que nos daban, íamos facendo os ángulos correspondentes.










xoves, 1 de decembro de 2022

Samaín e Halloween

 Adiviña, adiviña, ... de que falamos en Halloween....



Adiviñando o outono


 Hoxe tocounos inventar as adiviñas do outono. Escoitaas e  a ver se adiviñas de que estamos a falar...

Rectas con xeoplanos

 Hoxe comezamos a traballar as rectas, e para iso utilizamos os xeoplanos e as súas gomas. Con eles identificamos rectas paralelas, secantes e perpendiculares. Tamén nos atrevemos a facer distintas figuras coas diferentes tipos de rectas que coñecimos.


Varias casas.

Un edificio e un rañaceos.

Unha casa e un garaxe.

Unha casa e unha árbore.

Varias casas.

Casas de varias alturas.


mércores, 30 de novembro de 2022

Trabalenguas do otoño


 Atrevete a repetir los trabalenguas que hemos inventado y si no te atreves, pues invéntate unos. 
Es muy divertido!!!

mércores, 23 de novembro de 2022

Potencias con policubos

 Hoxe comezamos a traballar as potencias. Para iso empregamos algo que nos gusta moito:   os policubos.  Estivemos co cadrado e co cubo.










venres, 28 de outubro de 2022

Samaín e Halloween

 Hoxe festexamos no Samaín e Halloween no cole. Durante ese día tivemos moitas sorpresas e talleres moi divertidos con todos os nosos compañeiros do colexio: taller de maquillaxe, de cociña, de contacontos,....

Para festexar este día viñemos de casa caracterízados para a ocasión. Aquí as nosas presentacións.



As nosas caixas dos sentidos

 Acabamos o tema dos sentidos. Cada neno creou a súa caixa dos sentidos e preséntouna aos demáis compañeiros. 

Todos trouxeron cousas moi sabrosas, con cheiros fedorentos para uns, ricos para outros, sons agradables, desagradables,... 

 





 

Unha experiencia moi sensitiva!!!