xoves, 7 de maio de 2020

Viaxando coas nosas PAISAXES!!

Tedes unha ventá cerca? se non a tedes buscádea. Mirade a través dela, qué vedes?  Agora  xa sabedes decir que tipo de paisaxe vedes, verdade?

Estivemos traballando as paisaxes, coñecimos as características das paisaxes de costa, de montaña, de chaira,... Coñecimos os tipos de paisaxes que atopamos na nosa terra, Galicia.

Pois agora vamos a disfrutar coa paisaxe que elixades.

Esta actividade  acordámola  coordinadamente a mestra de Arts, Auri e máis eu .

Ahí vai!!! 

Queríamosvos propoñer unha actividade moi sinxela pero moi vistora para traballar a liña e a cor, e así crear unha actividade plástica para a que precisades un folio ou folla de bloc de debuxo (quen o teña), rotuladores ou pinturas e a vosa imaxinación.

Deixamos exemplos nos que vos podedes inspirar. Animádevos porque é moi lucida.









  

Adiante, xa sabedes, podedes debuxar o que vedes pola vosa fiestra ou unha paisaxe que vos guste!!! 

A viaxar coa imaxinación e a creatividade!! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario