xoves, 21 de maio de 2020

Viaxando ao interior da Terra!! Os VOLCÁNS!!!

Bos días!! Como estamos  despois da aventura pirata de onte? Como ao mellor estamos un pouco mareados de tanto barco hoxe vamos por os pés na terra.

Hoxe vamos a adentrarnos no interior da Terra, vamos a ver os VOLCÁNS.






 




As tarefas para facer dos volcáns serían:

  • Creamos o noso esquema, que agora xa sodes moi expertos!!!!
    • Como pode ver que os estades facendo moi moi ben, hoxe non vos dou pistas a seguir no esquema.
    • Tedes que facer o esquema coa información de arriba da maneira que estades a facer, porque está xenial.
  • Debuxamos un volcán e  escribimos as suas partes.
    • As partes podes poñerllas con etiquetas pegadas, recordas?  como facemos no cole  e como fixeches na casa: papel doblado, pola parte exterior nome e ao abrir , na parte interior definición desa parte.
  • Investigamos:
    • Cal foi o último volcán que entrou en erupción ? onde se atopa?
    • Hai volcáns en España? Onde?  Cando foi a última vez que entraron en erupción?
    • Canto tarda en formarse un volcán?
    • En que zona do planeta hai máis volcáns? 
    • Onde está o volcán máis grande do mundo? Onde está o volcán máis alto do mundo?
    • Os volcáns medran?
    • Como é a pedra que resulta do arrefríamento da lava?
 Canto aprendestes dos volcáns!! Verdade que son sorprendentes!!

 Xa seguiremos con actividades sorprendes dos mesmos!!

Agora a xogar e a ler!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario