Hoxe tócalle o turno a.............. OS RÉPTILES
- Primeiro elaboramos o noso esquema:
- Corpo:
- Alimentación:
- Reprodución:
- Movemento:
- Hábitat:
- Escribe as diferenzas e semellanzas entre unha serpe e unha lagarta.
- Investiga cal é a serpe máis velenosa do mundo e explica onde se atopa e como é.
- Por qué un tritón non é un reptil, e é un anfibio.
- Canto mide a serpe máis longa da terra? onde se atopa?
- Que lle pasa a unha lagarta se perde a cola?
- O camaleón ,o crocrodrilo, a tartaruga, tamén son réptiles.
- Elixe un animal: un camaleón, un crocodrilo ou unha tartaruga.
- Investiga como viven, como son, curiosidades,....
- Elabora un esquema, un resumo, un traballo, onde recollas a información que atopaches.
- Se buscas imaxes ou tipos de lagartixas, atoparas lagartixas moi raras, diferentes, espectaculares, bonitas, feas, grimosas,.....
- Busca na tua cabeza e crea a tua lagartixa.
- Agora fai o debuxo da lagartixa que acabas de imaxinar.
- Explica onde a podemos atopar, como é, .....
- Creando reptiles!!!
- A actividade máis imaxinativa, xa sabes cal é... poñemos a funcionar as nosas neuronas creativas e creamos o noso reptil. Pode ser unha serpe, unha tartaruga, unha lagartixa, un crocodrilo.
- Ánimo, as creacións vosas son maravillosas!!!
A desfrutar coas vosas creacións , coa lectura, cos xogos, coa familia, co sol, co bo tempo, .....!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario