Veña chic@s!!! Cada vez estamos máis preto do noso tesouro!!!
Continuamos a nosa aventura!! Quen quedará hoxe atrás neste viaxe pirata?? Vámolo descubrir....
nunha praia solitaria
cunha bandeira moi negra.
Sobre dous ósos en cruz
a estarrecente caveira.
Amenceu,
campou o sol.
Sacaron vellos farrapos
e os seus piratas zapatos:
charón, fibela e tacón.
Puxeron amplas bermudas
e o pano de lunares.
Tamén as lentes escuras
porque se encontran máis guapos.
Estarricáronse na area
para pórse bronceados.
-Man de Fouciña,
dáme unhas fregas no lombo
con crema de protección! Veña, ho!
E fíxoo con moito esmero,
con moito tino,
con moito amor.
Mais, fóiselle un pouco a man,
digo, o guincho...Oi!! Que horrror!
Non o curou con meigallos,
nin con pastillas,
nin con emplastos...
Ninó-ninó-ninó!
E por aquel insensato
daqueles cinco rabuñas
non quedaron máis ca catro.
E un papagaio.
Catro piratas e un paxaro
á escuda dun tesouro:
O Marranchiño de Ouro!
Non era o tesouro famoso
de ouro e pedras preciosas
dunha raíña de lenda.
Non era o ídolo de ámbar
dunha cidade oriental.
Xa non quedaban tesouros
nin de prata, nin de ouro,
nin sequera de quincalla
ao longo de toda a costa;
só casas e apartamentos,
turistas, lixo, moscóns,...
O Marranchiño de Ouro
que anhelaban os piratas,
aqueles zalapastráns,
eran os petos-porquiños
dos cándidos rapaciños,
cebados cos seus aforros.
Cascarilla era un tipo
destemido e testalán.
Tirou un mapa de cinto
despregouno entre as mans.
"Um-um!", pensou.
"Xa o teño..."
Xirar sobre o pé dereito
noventa graos nordeste.
Media volta,
volta enteira.
Andar no bico dos pés;
balanceo de cadeira
e un , dous, tres.
A recú coma o cangrexo
dar vinte pasos atrás.
Sobre o esqueleto dun náufrago
pegar un brinco
e alí mesmo..., cavar!
-Eu teño reuma!
-Eu, frieiras nunha man.
-Eu teño un trancazooooo...!
Escusáronse os demais.
Vendo isto, Cascarilla,
o pirata máis ousado,
colleu a pa e cavou.
cavou e cavou,
cavou, cavou, cavou, cavou, cavou, cavou, cavou, cavou, cavou, cavou.
Fixo un buraco ben fondo
ata que foi saír
polo outro extremo da Terra.
Ouuuuuuuuuuuuu....!
Que cousa é aquela que voa,
meteorito ou ouriolo?
O cascarilla en órbita,
mírase polo anteollo.
E así, por este fondo revés,
daqueles catro mesquiños
non quedaron máis ca tres.
E un papagaio:
-Quiiiiiino!
Quiiiino!!
As nosas tarefas son:
- Qué fixeron os piratas ao chegar a praia?
- Describe como estaban os piratas na praia.
- Qué pirata deu crema aos demais?
- Por qué se mancaron os piratas que estaban na praia?
- Qué seguían buscando os catro piratas?
- Imaxinate como era o tesouro que buscaban os piratas e debuxao.
- Comó se chama o pirata que colleu o mapa? e o pirata que cavou?
- Por qué chegou un pirata ao universo?
- Cantós piratas continúan a aventura en busca do tesouro?
- Busca no texto unha oración interrogativa.
- Busca no texto 5 adxetivos e escríbeos en grado superlativo.
- Escribe o aumentativo destes nomes
- Escribe o masculino das seguintes palabras:
- No exercicio anterior hai dous diminutivos, cales son?
- Tamén hai 3 adxetivos, subliñaos.
- Na túa casa atópase un tesouro. Ti acabas de atopar o mapa. A continuación debuxa o mapa, coas indicacións para chegar ao teu tesouro.
Piratas, desfrutade do sol, dos xogos, do aire,
dos libros, da compañia,......
Ningún comentario:
Publicar un comentario