xoves, 28 de maio de 2020

Creación da Terra e dos volcáns

Bos días

 Como levamos esta calor?? Temos que beber moita auga e refrescarnos moito.... anque a proposta de hoxe vai enfocada a algo de calor.

As actividades  de hoxe de ciencias sociais  están propostas en coordinación coa profe de Arts.

Polo que hoxe toca crear a nosa terra e o noso volcán, o que máis vos guste ou vos apeteza.

Aquí van as propostas, vos podedes facer outras similares.


1.-VIDEO PARA A CREACIÓN DUN VOLCÁN ERUPCIONANDO







2. Quen queira facer unha maqueta do interior dun volcán aquí tedes un exemplo. O procedemento é o mesmo que o do volcán que vos presento no video. So tedes que míralo. 


MATERIAL: BOLAS E TIRAS DE PAPEL, PINCEIS, PINTURA E CINTA DE PEGAR (pode ser o celo da escola).
ENGRUDO: MESTURA DE AUGA E FARIÑA que actúa como pegamento.
A parte dianteira podedes facela cun cartón e logo pegar tiras de papel hixénico mollado co engrudo e un pincel oubrocha pequeña para que sexa máis rápido.




3.-Aquí tedes distintos xeitos de presentar as capas da Terra. Podedes empregar bolas de porexpán, cartón cortado en forma de triángulo e representar as capas con anaquiños de papeis en diferentes cores aplicando a técnica do collage… Elixide o que máis vos guste tendo en conta os materiais máis accesibles para cada un.
  





Estas son propostas da profe de Arts, vos podedes facer estas ou buscar outras e crealas.  

Adiante rapac@s!!! Animarse a crear a terra ou un volcán!!

Desfrutar do sol, dos xogos, da lectura,....


Ningún comentario:

Publicar un comentario