Embarcando piratas!!! Que hoxe subimos ao barco!!
Cantos piratas estaban no barco? Eran sete os piratas que quedaban no noso barco, hoxe creo que se van a quedar polo camiño outros dous máis.......
Adiante camaradas, a ler !!!
Sete piratas e un paxarolo
chegaron a unha praia,
extenuados,
por un mesquiño tesouro.
Dicíanlle O Patatán
pola pata
de madeira
de cadeira
dun sultán.
Unha pata torneada,
ben pulida,
vernizada,
de madeira de palmeira.
Camiñando pola serva
espetouna en terra fértil,
e por moito que tiraba
afundiu cada vez máis.
De súpeto botou raíces,
medrou de aquí a mañá.
A patiña virou toro
e o pirata, alá no alto,
un peludo home-coco.
-que alguén me baixe de aquí!,
que algúen me baixe de aquí!ª
Pero ninguén o escoitaba.
E por causa daquel pé,
de sete piratas rañas
nada máis quedaron seis.
E un papagaio:
-Grou-grou!
Marranchiños
que alá vou.
Seis piratas e un papagaio
á procura dun tesouro,
construíron un alpendre
para a noitiña pasar.
Ao pirata Furriqueiras
doíalle o bandullo.
Padecía fortes dores,
torzóns, punzóns agudos
que só se lle aliviarían
librando de "PAff" as tripas.
Oíuse un "puff" apagado.ç
Ondeou espeso abafo
que agoiraba unha borrasca.
O capitán, asfixiado,
empuñou furioso a espada
-Largo da miña vista!
quero dicir...
Lonxe do meu nariz!
Rais! Raias e centolas!
Era unha noite fechada,
sen fachico nin lanterna.
Avelino Furriqueiras
avanzou con moito tento
pola selva misteriosa.
E dous ollos,
á espreita,
axexaban
entre as sombras da maleza.
Soou..."uu-uu-uu!!
O pirata Furriqueiras
quedou coma un paxariño.
Oiggg! pobriño!
A curuxa, abraiada,
fuxiu de alí
avergonzada do seu canto
sombrizo e pouco lírico.
E foi tal como lles digo,
que daqueles seis corsarios
non quedaron máis ca cinco.
E un papagaio:
-Aí vos vou , porquiños!!
Agora que xa fichemos o viaxe cos nosos piratas, comenzaremos coas nosas actividades:
- Que dous piratas quedaron nesta aventura atrás?
- Que lle pasou ao pirata Patatán?
- En que se convertiu o pirata Patatán?
- Descríbe o Patatán e debuxao.
- Qué construironos piratas para pasar a noite?
- Cal foi o motivo polo cal o capitán expulsou ao pirata Furriqueiras?
- Que momento do día era cando saíu o pirata Furriqueiras?
- Quen observou ao pirata Furriqueiras pola selva misteriosa? Descríbeo e debuxao.
- Subliña os adxetivos que atopes nestas oracións:
- Os sete piratas chegaron extenuados por un mesquiño tesouro.
- Unha pata torneada, pulida, vernizada, de madeira de palmeira.
- Camiñando pola selva, espetouna en terra fértil .
- Rodea os nomes destas oracións:
- Seis piratas construíron un alpendre para a noitiña pasar.
- Ao pirata Furriqueiras doíalle o bandullo.
- Era unha noite fechada, sin fachico nin lanterna.
- Cal é o diminutivo desta oración?
- Seis piratas construíron un alpendre para a noitiña pasar.
- Escribe o xénero e o número destes nomes:
- Cal é o antónimos destas palabras?
- Escribe tres adxetivos para cada un destes nomes:
- A curuxa marchou asustada, e deu o aviso aos outros animais da selva. Escribe o aviso que a curuxa deu.
- Que fixo o pirata Furriqueiras el só na selva?
- O pirata Patatán converteuse en peludo home -coco. Escribe unha noticia dun xornal que comunique que na selva hai un peludo home-coco.
ADIANTE CHICOS!!!
Non vos esquezades piratas, LER E XOGAR!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario