Hoxe tocanos.........
RETO ESCRITOR a través do CERTAME LITERARIO DO CARBALLAL!!!!
A proposta do escritor de hoxe vai a ser algo diferente, e non vai a ser para min.... Cóntovos...
Como moitos vos recordaredes, no colexio todos os anos facíamos un Certame Literario para as Letras Galegas. E que era iso? Pois o alumnado e familias escriben en GALEGO o que lles apetece, un cómic, unha poesía, unha historia,... dabamoslla ao noso mestre, e no cole facíamos unha recopilación, posta en común , presentación e agradecemento pola participación no mesmo.
Pois hoxe, o noso caderno escritor vai a ser ese: Participar no Certame Literario deste ano.
Cómo podedes participar? Aquí tedes as respostas, no cartel deste ano!!!
Tamén nos dan as seguintes indicacións:
Podes enviar os teus traballos a edlgcarballalcabral@gmail.com
Os traballos poden entregarse en formato word, odt, pdf ou fotografía.
Non esquezas poñer:
- Nome, apelidos e curso.
- Modalidade de participación (poesía, narrativa ou cómic).
- Categoría na que participas (familias, infantil e 1º EP, 2º e 3º EP, 4º,5º e 6º EP ou nais e pais).
- Se envías o teu traballo en fotografía, asegúrate de que a foto non está borrosa.
- Corrixe as faltas de ortografía.
- Non esquezas que é en GALEGO.
- Se participas na categoría cómic non esquezas pintar con cariño os debuxos e bordear as letras para que se vexan ben.
A min tamén me gustaría que mo enviarades.......
Veña chicos, que hoxe só é escribir un!!! e para a semana entramos no mes de Xuño!!!
A desfrutar da fin de semana, do sol, dos xogos, dos libros,........
Ningún comentario:
Publicar un comentario