mércores, 6 de maio de 2020

Só quedan sete piratas

Xa que onte nos sumerximos no mar coas esponxas, que vos parece se seguimos hoxe navegando no MARABILLAS!!!


Alá vamos!!!

Nove piratas e un papagaio
a bordo do Marabillas
á procur dun tesouro.
-Temoneiro, poña rumbo sen demora
á Illa de Maragota!

Leonardo Biosbado,
de sobrenome Marmota,
dende a torre de vixía
non ve nada. Durmía. Coas présas
tapou co parche de coiro
o ollo que tiña ben.
-Quen foi que apagou a luz!?

Embarrancaron nas rocas.
non eran moitas,
nin eran poucas,
nin eran baixas,
nin eran gordas...
Era unha manda de focas!

Marabillas foi a pique
coa vela remendada,
coas garrafas de ron
e as sardiñas en lata.
Co seu pau
e o seu vixía,
o pirata durmiñón.

-glu...glu...glumete
en apuros...gluglú.
A auga entra a gur.. glu...glu.. llóns.
Ai! Ai, que me mollo
mooooooito...!
Glu...glu...glups!

E daqueles nove pingallos
nada máis quedaron oito.

E un papagaio.

Oito piratas e un paxaro
salváronse dun naufraxio
a bordo dunha barrica.
-Vogade, mexericas!

O Tripas era un pirata
que nunca se lavaba,
nin no mar nin na bañeira.

Que fedía cal mofeta,
coma verde contedor,
cal cocida coliflor,
cal calcetíns deportivos
en zapatillas atletas.
O Tripas era un pirata
que tiraba para atrás.
Os máis botáronse ao mar
nadando coma posesos.
Ficou só o morriñento
ao capricho das mareas
na barrica de carballo.
Tiñamos oito piratas
e tan só quedaron sete.

E un papagaio:
-grou-grou!
Marranchiños
que alá vou!!



Comencemos a aventura no barco do  Marabillas, ahí van as actividades:

1. Cara onde ía o barco Marabillas?

2. Quen estaba vixiando na torre?

3. Por qué embarrancou o Marabillas?

4.  Como saíu do barco o "Marmota"?

5. Cómo se salvaron do naufraxio os oito piratas?

6. Describe como era o pirata Tripas.

7. Por qué se tiraron todos os piratas ao mar e quedou só o Tripas?

8. A onde chegarán os sete piratas nadando?

9. Que lle ocorrerá a Tripas?

10. Subliña os adxetivos desta parte do texto.

  • Que fedía cal mofeta, coma verde contedor, cal cocida coliflor, cal calcetíns deportivos en zapatillas atletas.
11. Rodea os nomes do texto anterior.

12. Escribe o xénero e o número dos nomes que atopaches no exercicio 11.

13  Escribe os cinco adxetivos que describen a mana de focas cas que embarrancou o Marabillas.

14. Escribe cinco adxetivos que describan ao pirata Tripas.

15. Escribe o aumentativo  e o diminutivo destes nomes.

mofeta        barrica                   bañeira                  sardiñas                     parche

16 Escribe a palabra primitiva dos seguintes nomes
durmiñón          temoneiro               deportivos                    sobrenome

17. O Tripas enviou unha mensaxe nunha botella aos seus compañeiros, que mensaxe lle mandaría? Escríbeo.


 E  se te animas, crea a botella, envolve a mensaxe e envíaa na botella ( foto polo correo electrónico a profe) Aquí vos deixo algunha idea...







Veña piratas!!!! 
 Vos tedes que chegar ao final para conseguir o tesouro!!!!!

Pero polo de agora........ XOGAR E LER TODOS OS DÍAS!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario