Esta semana, como xa comentamos o mércores, é semana especial, é a
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
O domingo, 17 de maio é o propio día.
Con tal motivo, hoxe vouvos a propoñer dúas actividades en GALEGO. Espero que resulten divertidas......
Alá vai a primeira:
Imos a facer unha entrevista a Ricardo Carballo Calero, homenaxeado este ano no día das letras galegas.
- Título:
- Algo relacionado coas letras galegas.
- Presentación:
- Presentamos a Ricardo Carvallo Calero e escribimos unha pequena referencia da súa vida.
- Podes buscar información no blog do equipo de dinamización da lingua galega do cole.
- Preguntas e respostas:
- Inventa, polo menos, 8 preguntas que che gustaría facer a Ricardo Carvallo Calero.
- Inventa as respostas, por suposto, todos sabemos que os autores das Letras Galegas xa non viven.
- Tamén che poden resporder as túas preguntas papá, mamá, irmáns,......
- Recorda poñer guións no momento das preguntas e respostas.
- Divirtete coa entrevista, e para desfrutala e para coñecer un pouco máis ao autor deste ano.
Agora a proposta da segunda actividade
- Si, si ...esa é a segunda actividade.
- Pide unha camiseta na casa para poder escribir nela. Se non tes ningunha, debuxamos nun folio unha e recortámola.
- Colle rotuladores, bolígrafos de cores, pinturas,....... e adiante.......
ESCRIBE O QUE QUEIRAS EN GALEGO NA TUA CAMISETA
O QUE CHE APETEZA NESE MOMENTO!!!
DISFRUTA ESCIBINDO EN GALEGO!!!!
ADIANTE ARTISTAS!!!!
- A última proposta é que o DOMINGO, 17 DE MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS, poñas a túa camiseta, no caso de poder ter camiseta, ou pegues a túa camiseta folio na porta da tua habitación.
- Para coñecer mellor ao noso autor deste ano, uns xogos. Fai click na imaxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario