domingo, 31 de maio de 2020

Creacións do mes de maio!!

Último día do mes de maio.... últimos traballos do mes de maio....

A disfrutar  mirando as cousiñas que fixeron os nenos e nenas de terceiro e cuarto!!!!





































Super ben feito!!!! Mañá comezamos o mes de xuño!!! 
Que non decaigan as gañas de traballar e crear !!
 Queda pouco para as vacacións de verán!!!

venres, 29 de maio de 2020

RETO ESCRITOR: CERTAME LITERARIO 2020

Chegamos  o último día da semana!! Para a semana comezamos o mes de xuño!! Ánimo chic@s, falta pouco para as vacacións e para poder xogar e ler moito máis.

Hoxe tocanos.........  


RETO ESCRITOR  a través do CERTAME LITERARIO DO CARBALLAL!!!!

A proposta do escritor de hoxe vai a ser algo diferente, e non vai a ser para min.... Cóntovos...

Como moitos vos recordaredes,  no colexio todos os anos facíamos un Certame Literario para as Letras Galegas. E que era iso?  Pois o alumnado e familias escriben en GALEGO o que lles apetece, un cómic, unha poesía, unha historia,...  dabamoslla ao noso mestre, e  no cole  facíamos unha recopilación, posta en común , presentación e agradecemento pola participación no mesmo.

Pois hoxe, o noso caderno escritor vai a ser ese: Participar no Certame Literario deste ano.

Cómo podedes participar?  Aquí tedes as  respostas, no cartel deste ano!!!



Tamén nos dan as seguintes indicacións:

Podes enviar os teus traballos a edlgcarballalcabral@gmail.com
 
Os traballos poden entregarse en formato word, odt, pdf ou fotografía. 

Non esquezas poñer:

  • Nome, apelidos e curso.
  • Modalidade de participación (poesía, narrativa ou cómic).
  • Categoría na que participas (familias, infantil e 1º EP, 2º e 3º EP, 4º,5º e 6º EP ou nais e pais).
É importante que:
  • Se envías o teu traballo en fotografía, asegúrate de que a foto non está borrosa.
  • Corrixe as faltas de ortografía.
  • Non esquezas que é en GALEGO.
  • Se participas na categoría cómic non esquezas pintar con cariño os debuxos e bordear as letras para que se vexan ben. 
O reto escritor deste venres último de maio é moi divertido, ou non?  Só tedes que escribir unha historia, lenda, poesía, cómic, o que elixades en GALEGO  e envíalo ao correo electrónico  edlgcarballalcabral@gmail.com,  eso sí, só tedes ata o domingo 31 de maio para facelo.


A min tamén me gustaría que mo enviarades.......

Veña chicos, que hoxe só é escribir un!!! e para a semana entramos no mes de Xuño!!!

A desfrutar da fin de semana, do sol, dos xogos, dos libros,........


xoves, 28 de maio de 2020

Creación da Terra e dos volcáns

Bos días

 Como levamos esta calor?? Temos que beber moita auga e refrescarnos moito.... anque a proposta de hoxe vai enfocada a algo de calor.

As actividades  de hoxe de ciencias sociais  están propostas en coordinación coa profe de Arts.

Polo que hoxe toca crear a nosa terra e o noso volcán, o que máis vos guste ou vos apeteza.

Aquí van as propostas, vos podedes facer outras similares.


1.-VIDEO PARA A CREACIÓN DUN VOLCÁN ERUPCIONANDO







2. Quen queira facer unha maqueta do interior dun volcán aquí tedes un exemplo. O procedemento é o mesmo que o do volcán que vos presento no video. So tedes que míralo. 


MATERIAL: BOLAS E TIRAS DE PAPEL, PINCEIS, PINTURA E CINTA DE PEGAR (pode ser o celo da escola).
ENGRUDO: MESTURA DE AUGA E FARIÑA que actúa como pegamento.
A parte dianteira podedes facela cun cartón e logo pegar tiras de papel hixénico mollado co engrudo e un pincel oubrocha pequeña para que sexa máis rápido.




3.-Aquí tedes distintos xeitos de presentar as capas da Terra. Podedes empregar bolas de porexpán, cartón cortado en forma de triángulo e representar as capas con anaquiños de papeis en diferentes cores aplicando a técnica do collage… Elixide o que máis vos guste tendo en conta os materiais máis accesibles para cada un.
  





Estas son propostas da profe de Arts, vos podedes facer estas ou buscar outras e crealas.  

Adiante rapac@s!!! Animarse a crear a terra ou un volcán!!

Desfrutar do sol, dos xogos, da lectura,....


mércores, 27 de maio de 2020

Vamos piratas!!!!!

Veña chic@s!!! Cada vez estamos máis preto do noso tesouro!!!

Continuamos a nosa aventura!! Quen quedará hoxe atrás neste viaxe pirata?? Vámolo descubrir....
 

Cinco piratas e un laretas
nunha praia solitaria
cunha bandeira moi negra.
Sobre dous ósos en cruz
a estarrecente caveira.

Amenceu,
campou o sol.
Sacaron vellos farrapos
e os seus piratas zapatos:
charón, fibela e tacón.
Puxeron amplas bermudas
e o pano de lunares.
Tamén as lentes escuras
porque se encontran  máis guapos.
Estarricáronse na area
para pórse bronceados.

-Man de Fouciña,
dáme unhas fregas no lombo
con crema de protección! Veña, ho!
E fíxoo con moito esmero,
con moito tino,
con moito amor.
Mais, fóiselle un pouco a man,
digo, o guincho...Oi!! Que horrror!
Non o curou con meigallos,
nin con pastillas,
nin con emplastos...
Ninó-ninó-ninó!

E por aquel insensato
daqueles cinco rabuñas
non quedaron máis ca catro.

E un papagaio.

Catro piratas e un paxaro
á escuda dun tesouro:
O Marranchiño de Ouro!

Non era o tesouro famoso
de ouro e pedras preciosas
dunha raíña de lenda.

Non era o ídolo de ámbar
dunha cidade oriental.
Xa non quedaban tesouros
nin de prata, nin de ouro,
nin sequera de quincalla
ao longo de toda a costa;
só casas e apartamentos,
turistas, lixo, moscóns,...

O Marranchiño de Ouro
que anhelaban os piratas,
aqueles zalapastráns,
eran os petos-porquiños
dos cándidos rapaciños,
cebados cos seus aforros.

Cascarilla era un tipo
destemido e testalán.
Tirou un mapa de cinto
despregouno entre as mans.
"Um-um!", pensou.
"Xa o teño..."

Xirar sobre o pé dereito
noventa graos nordeste.
Media volta,
volta enteira.
Andar no bico dos pés;
balanceo de cadeira
e un , dous, tres.
A recú coma o cangrexo
dar vinte pasos atrás.
Sobre o esqueleto dun náufrago
pegar un brinco
e alí mesmo..., cavar!

-Eu teño reuma!
-Eu, frieiras nunha man.
-Eu teño un trancazooooo...!

Escusáronse os demais.

Vendo isto, Cascarilla,
o pirata máis ousado,
colleu a pa e cavou.
cavou e cavou,
cavou, cavou, cavou, cavou, cavou, cavou, cavou, cavou, cavou, cavou.

Fixo un buraco ben fondo
ata que foi saír
polo outro extremo da Terra.
Ouuuuuuuuuuuuu....!
Que cousa é aquela que voa,
meteorito ou ouriolo?
O cascarilla en órbita,
mírase polo anteollo.

E así, por este fondo revés,
daqueles catro mesquiños
non quedaron máis ca tres.

E un papagaio:
-Quiiiiiino!
Quiiiino!!






As nosas tarefas son:

  • Qué fixeron os piratas ao chegar a praia?
  • Describe como estaban os piratas na praia.
  • Qué pirata deu crema aos demais?
  • Por qué se mancaron os piratas que estaban na praia?
  • Qué seguían buscando os catro piratas?
  • Imaxinate como era o tesouro que buscaban os piratas e debuxao.
  • Comó se chama o pirata que colleu o mapa? e o pirata que cavou?
  • Por qué chegou un pirata ao universo?
  •  Cantós piratas continúan a aventura en busca do tesouro?
  • Busca no texto unha oración interrogativa.
  • Busca no texto 5 adxetivos e escríbeos en grado superlativo.
  • Escribe o aumentativo destes nomes
lombo              zapato                pastilla                    pedraza                        casa
  • Escribe o masculino das seguintes palabras:
bronceados         guapos              insensato                raíña                     porquiños                rapaciños
  • No exercicio anterior hai dous diminutivos, cales son?
  • Tamén hai 3 adxetivos, subliñaos.
  •  Na túa casa atópase un tesouro. Ti acabas de atopar o mapa. A continuación debuxa o mapa, coas indicacións para chegar ao teu tesouro.
 
Piratas, desfrutade  do sol, dos xogos, do aire, 
dos libros, da compañia,......
 

martes, 26 de maio de 2020

GLU, GLU, GLU, GLU, GLU,....

Bos días!!

Hoxe temos escamas, temos branquias, vivimos debaixo da auga,.... hoxe somos PEIXES

15  Curiosidades sorprendentes sobre algúns peixes:
  • Sí, teñen memoria.
  • Os peixes dormen.
  • Non teñen orellas, pero sí oído interno.
  • Os peixes poden estresarse co ruido das persoas.
  • Protexesen do sol.
  • Poden cambiar de sexo nalgún momento da súa vida.
  • Algúns peixes teñen órganos reprodutores masculinos e femeninos simultaneamente nun día.
  • Hai peixes que teñen pulmóns que os empregan para cheirar, non para respirar.
  • Hai peixes que se comunican cos ouriños (pis).
  • O peixe globo pode inflarse de aire.
  • Os peixes guppies podrían ter personalidade.
  • O peixe pedrá pode matarte.
  • Hai un peixe que pode cambiar de cor en menos dun minuto.
 
Se queres máis información destas curiosidades fai click na imaxe.


Para saber algo máis sobre os peixes podes ver estes videos:

 
 

 

 

Comenzamos as nosas tarefas:

  • Elaboramos o noso esquema dos peixes coa información da primeira imaxe.
  • Debuxamos un peixe e poñemos as súas partes.
  • Buscamos o nome de cinco peixes  que viven en ríos e cinco peixes que viven no mar.
  • Preguntamos a mamá, papá, avoa, avó,.... que nos digan 7 peixes que podemos atopar no mercado ou na praza .
  • Escribimos o nome de tres películas ou debuxos animados nos cales os protagonistas sexan peixes.
  • Buscamos un peixe que nos  sorprenda e indicamos as súas características, onde vive,....
                         Se fas click nesta imaxe hai algúns....

https://www.patatasmarinas.com/5-de-los-peces-mas-curiosos-del-mundo/
  • Podemos facer esta ficha interactiva (anque temos en conta que está en galego, pero vos sabédela facer moi ben)

Los peces, una ficha interactiva de ILopezD
liveworksheets.com

     Para facer a ficha interactiva tes que facer click  debaixo da ficha onde pon Los peces.
     
  •  Creamos o noso peixe e  COMÉMOLO!!!!


















DESFRUTADE MOITO RAPACES!!!!   XOGAR E LER!!!