mércores, 10 de xuño de 2020

Piratas!!! Atopamos o tesouro!!!

Bos días piratas!!!! Hoxe é o derradeiro día!!!  A aventura pirata chega ao seu fin......




Un pirata malo e fero,
ávido de diñeiros,
gabeou por unha árbore
que se erguía
ao pé da casa.

¨E aló no alto,
un cuartiño no faiado.
Mirou pola pequena xanela.

Na sá camiña mol
durmía unha pequechiña.
As meixelas regordetas
baixo o floco recortado
e o seu pixama bordado
de graciosas sereiñas.

Bocanegra sorriu...
Gho-gho-gho-gho!
Sabedes o que alí viu?
Un tesouro rosadiño
regordecho,
excedente
de moedas,
e, ao mellor, dalgún billete.
-Ou, por fin! -dixo-.
O peto de corricho...
Xa é meu!
Bocanegra irrompeu
caladiño no habitáculo.

Tomou entre os seus brazos
o prezado marranchiño
a reverter de pezas que facían,
tirilín-tirilingo!

E o papagaio deu en berrar:
-Á abordaxe!
quero a miña parte!
quero a miña parte!
-Ponte calado! Chsss!

A rapariga espertou.
Refregou os ollos e...
atopou aqueles dous!
Non, non estaba a soñar.
-Ai, Malasombra,
o  meu peto non se toca!
prepárate para o combate!
Disparoulle coa rúa arma astral
un raio arfado-furunfundado,
caótico e electrodoméstico,
dunha mucosidade
de lesma, graxenta,
respulsiva,
pegañenta
e fedorenta
que o deixou pingón e teso.

Bocanegra farfallou unha maldición
con moitas palabras feas
e rematou:
-Raias e centolas!
Algún día hei volver para vingarme,
pispireta! Mona Chita!

Botouse pola fiestra abaixo,
e levou unha soberana trompada.

Escapou rúa arriba, feito unha acabación,
deixando atrás del un tufo a peixe podre
que seguían rabiosos
un exército de gatos esfameados.

E despois de tanto escarnio,
daqueles facinorosos
só quedou un papagaio.


Pois ..... era que era un papagaio
que ía vello e un tanto canso,
da vida de piratas,
de chalupas
e naufraxios,
de comer arenques secos
e bacallau moi salgado.

Decidiu retirarse da vida destemida
de piratas e corsarios.
Gustoulle aquela casa
e alí ficou.

A meniña non lle escatimou
mimos e coidados:
trigo fresco, chuches varias
e algún refresco de cola.
Ou!, qué plácido lugar!
Miña casiña, meu lar!

Leva unha vida tranquila
sen arrebatos,
honrada.
Mais por veces faille rolda
unha sutil tentación,
un arrouto sen control
da súa interior andaina....

Voa e lánzase en picado
sobre o quiosco de Paco,
larpándolle co peteiro
moedas de chocolate,
mentres berra:

-Á abordaxe!! Á abordaxe!
-Paxarolo ladrón!  Ai, se te collo...!
-Tírate ao mar
e pon o cu a remollo!
-Maleducado!
-Orellas de gato
pescozo de bruxa
rabo de macaco!









Comezamos as nosas actividades:

  • Cómo fixo Bocanegra para poder entrar na casa?
  • Cómo se chama a nena que está deitada na cama?
  • Debuxa o pixama da nena.
  • Onde estaba o tesouro que quería Bocanegra?
  • Cómo era o tesouro ?
  • Qué fixo o papagaio cando Bocanegra colleu o tesouro?
  • Con que se defendeu a nena de Bocanegra?
  • Por onde saíu Bocanegra da casa despois da trifulca coa nena?
  • Por qué perseguías os gatos a Bocanegra?
  • De qué estaba canso o papagaio?
  • Que nome lle puxo a nena ao papagaio?
  • Que trasnada lle gusta facer ao papagaio?
  • Qué foi de Bocanegra? Para onde foi?
  • Subliña os adxetivos destas frases:
    • Un pirata malo e fero ávido de diñeiros.
    • Na súa camiña durmía unha pequechiña.
    • As meixelas regordetas baixo o floco recortado.
    • e o seu pixama bordado de graciosas sereíñas.
  • Rodeas os nomes que atopes no exercicio anterior.
  • Qué dous diminutivos hai nas frases anteriores?
  • Escribe o xénero e o número destas palabras:
lesma       ollos          peto           combate                  tufo                 palabras                    trompada

  •  Entre as palabras anteriores atopa unha polisémica e escribe os seus signicados.
  • Escribe un sinónimo de:
                  trompada                    tufo                     gatos                      
  • Cal é a oración interrogativa que hai no texto?
  • Cal é a oración exclamativa que hai no texto que ten o nome de dous animais?
  • Describe cómo é o quiosco de Paco. Tamén o podes debuxar.
  • A crear o noso tesouro!!! Se vos apetece, podedes crear o tesouro que quería levar Bocanegra, un marranchiño.







É a  nosa aventura pirata acabou.....   

Espero que vos gustará tanto coma min....

Xa estou pensando.......

Noutra aventura para embarcar todos xuntos.... 

Pero iso será para o ano que ven.

A xogar, desfrutar  e ler todos os días!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario