martes, 9 de xuño de 2020



Bos días!! Como vai o noso animalario???  Hoxe acabámolo!!! Último grupo de animais vertebrados!!!

Son os  MAMÍFEROS!!!





CLASIFICACIÓN   DOS   MAMÍFEROS

  • Monotremas: Ornitorrincos.As crías saen de ovos.
  • Marsupiais: Canguros, koalas, etc,  As crías permanecen algún temtpo despois do nacemetno na bolsa da súa nai, xa que non nacen completamente formadas.
  • Insectívoros: Toupos, ourizos, musarañas, etc. Nocturnos principalmente.
  • Quirópteros ou morcégos: Nocturnos.
  • Dermópteros ou “planeadores”: Esquíos, etc.
  • Primates: Homes, lemúridos, monos. Son os mamíferos que máis evolucionan.
  • Desdentados: Osos formigueiros, osos perezosos, tatús.Os osos formigueiros nno teñen dentes. Algúns son nocturnos. Soamente existen en América.
  • Folídotos: Pangoline. Carecen de dentes.
  • Lepóridos:. Coellos, lebres, agutíes.
  • Roedores: Esquíos, castores, ratas, ratóns, etc. Os seus  incisivos medran sin cesar a medida que o animal roe.
  • Pinnípedos: Focas, otarios, morsas, elefantes mariños.  Aliméntanse de peixes que tragan enteiros.
  • Carnívoros: Felinos, cánidos, osos, mustelidos.
  • Tubulidentados:
  • Cetáceos: Baleas de barbas e  baleas dentadas. Perfectamente acuáticos.
  • Perisodáctilos: Equinos. Cabalos, cebras, asnos, rinocerontes.
  • Artiodáctilos: Hipopótamo, cerdo, rumiantes,
  • Sirénidos: Manati, dugón.
  • Hiracoideos: Damanes. Parecidos as marmotas. Habitan nas rochas.
  • Proboscídeos: Elefantes. Son os mayores animais terrestres.


CURIOSIDADES

  • As baleas teñen que inxerir todos os días unha cantidade similar a do seu propio peso para alimentarse.
  • O animal coa lingua máis larga en relación ao seu corpo é a especie de morcego Anoura fistulata.
  • O oubido do lobo pode escoitarse a 9.5 km de distanza.
  • As vacas dán máis leite se escoitan música ou se se lles canta ao ordeñalas.
  • O mamífero máis pequeno é a musaraña, pode medir  3 cm.
  • Entre un burro e un cabalo do mesmo tamaño,o burro é máis forte.
  • En china, quen mate a un osos panda é castigado con pena de morte.
  • Os golfiños, dormen coa metade do cerebro, a outra metade está desperta para poder respirar.
  • A xirafa só ten 7 vértebras no seu pescozo, a mesma que os  humanos.

 

 

ç
 


Comezamos as actividades:

  • Facemos o noso último esquema dos mamíferos.
  • Debuxamos un animal mamífero e poñemos as súas partes.
  • Investigamos sobre curiosidades dos mamíferos e escríbimos 7.
  • Eleximos o noso preferido animal mamífero e facemos unha investigación del: onde vive, qué come,....
  • Busca 5 cancións que teñan protagonista animais. 
  • Escribe 3 adiviñas de animais mamíferos.
  • Escribe 3 nomes de películas de animais.
  • Fichas divertidas: ( tede en conta que estás fichas están en castelán)




  • Fichas interactivas


Click to open full screen
Los mamíferos, una ficha interactiva de jvilla
liveworksheets.com

Los Mamíferos, una ficha interactiva de Raquelalonso
liveworksheets.com

Mamiferos, una ficha interactiva de igarciagar18
liveworksheets.com


Xogar e ler, acordádevos!!!! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario