Sigamos a nosa aventura.....
Eles eran tres piratas
ao rastrexo dun tesouro.
Andaron dúas xornadas

Prenderon unha fogueira.
Cantaron con voz roufeña.
Veña ron, veña gasosa,
montaron unha verbena..
Xa vén a lúa saíndo
con tres estrelas de lado,
A do medio vén dicindo que Elvira ten namorado.
Ai Elvira!
Ai, meu ben!
A vida é tan fermosa,
para quen amores ten!
A roupa da miña Elvira,
non se lava con xabón.
Lávase con auga de rosas
dentro do meu corazón.

Ai, meu ben!
A vida é tan fermosa,
para quen amores ten!
Bailaban dous dos piratas;
facían boa parella.
Quedou Corazón de Boi
solitario coa súa pena.
Apareceu unha corsaria,
Vanesa Caracortada,
cun caravel entre os dentes
e un puñal nas enaugas.
Abrazouno con paixón
e iniciaron unha danza.
Raptouno, marchou con el
á súa nave Capitá.

daqueles tres perdularios,
xa tan só quedaron dous.
E un papagaio:
-Quiniiiiino!
Dous piratas cobizosos
divisaron unha casa
solitaria.
Dous andares,
unha porta,
e tres xanelas sen persianas.
Cun xardín e unha reixa
nin moi alta, nin moi baixa.
Saltárona
con coidado.
Camiñaron
de punteiras...

ladrou o can.
O capitán subiu ao alpendre.
O Pistraca saíu pitando
co cadelo atrás del. Guau-guau!
Por este leiro bravún
daqueles dous barallocas
soamente quedou un.
E un papagaio:
-Grou-grou, raios...! - Dixo en baixo o papagaio,
porque o capitán Bocanegra
apertáballe o peteiro
para que non o delatase
cos seus escandalosos berros.
Comezamos as actividades, que a piques estamos de chegar ao tesouro.....
- Canto tempo andiveron os piratas sen atopar o tesouro?
- Na canción dos piratas, con qué se lava a roupa de Elvira?
- Despois de tanto bailar, que corsaria apareceu?
- Cómo é a Corsaria? Describea e debuxaa.
- Quen marchou coa Corsaria?
- Cómo é a nave Capitá? Fai un debuxo dela.
- Describe e debuxa a casa que atoparon os dous piratas.
- Qué sucedeu cando ladrou o can da casa?
- Como se chamaba o can?
- Ademáis do can, había alguén na casa no momento en que chegaron os piratas?
- Qué fixo o pirata que quedou para que o can non ladrase?
- Qué único pirata quedou na busca do tesouro?
- Qué fixo o Capitán na casa?
- Escribe o xénero e o número das seguintes palabras
xornadas asomo fogueira estrelas amores enaugas
- Cal é a palabra primitiva destas palabras derivadas?
- Rodea os adxetivos das seguintes oracións.
Dous piratas cobizosos divisaron unha casa solitaria.
Cun xardín e unha reixa, nin moi alta nin moi baixa.
Apertáballe o peteiro para que non o delatase cos seus escandalosos berros.
- Busca no texto duas oracións exclamativas e escríbeas.
- Rodea os sufixos destas palabras
- Hai algunha oración interrogativa no texto?
- Escribe dúas palabras derivadas a cada unha destas palabras primitivas
- Caracortada é unha palabra composta. Construe algunhas palabras compostas coa palabra auga
- Os piratas montaron unha festa. Escribe o cartel da festa pirata que montaron. Recorda como se facia un cartel de festa....
- Pensa moi ben o que vas poñer
- Para quen é a festa
- Fai bonitos debuxos e que chamen a atención.
- Non olvides os datos imprescindibles: cando é, onde, lugar,..
- Coidado coa ortografía...
- Creación final antes de atopar o preciado tesouro, para quen se anime......
Piratas!!! Non queda nada para o atopar o tesouro!!!
Só queda o capitán e o papagaio!!!!
Misión: XOGAR E LER
Ningún comentario:
Publicar un comentario