CURIOSIDADES DA AUGA
- O 70 % da Terra está cuberta de auga, só un 3 % é auga doce e a maioría desa auga doce (2%) está conxelada.
- Durante 100 anos, unha molécula de auga pasa 98 anos no océano, 20 meses en forma de xeo, 2 semáns en lagos e ríos e menos dunha semana na atmósfera.
- As gotas da choiva non son en forma de lágrima, máis ben teñen forma de esfera.
- A auga suón o 55 % do peso dun adulto e precisamos beber aproximadamente dous litros de auga ao día.
- Unha persoa pode vivir sen alimentarse un mes, pero só 7 días como máximo sen beber auga.
- A maioría da auga que consumimos procede dos alimentos.
- Inxeñeiros da Universidade de Florida crearon unha superficie plana que non se humedece, as gotas rolan sobre ela.
- Precisanse 450 litros de auga para producir un ovo de galiña e 148000 litros apra fabricar un coche.
- Na Universidade de Tokio crearon un material chamado auga elástica, ideal para fabricar medicamentos e reparar tecidos.
Agora con toda esta información comeza o noso traballo:
- Elaboramos o noso esquema.
- Creamos o noso ciclo da auga.
- Eu fago esta proposta pero xa sabedes que vos podedes sorprenderme coas vosas....
- Buscamos máis curiosidades a cerca da auga.
- Cantos océanos e mares hai no planeta terra? cómo se chaman?
- Busca o nome de 5 lagos do planeta terra e indica en que pais están.
- Cal é o río máis longo do mundo?
- Onde está a zona con máis xeo do planeta?
- Pintamos co estado sólido da auga: PINTANDO CON XEO
- Precisamos: auga, témperas, cubeta de xeos, palillos de xeado ou brocheta.
- Enchemos a bandexa de cubitos de xeo ata a mitade.
- En cada espazo da bandexa poñemos un color. mezclando a auga coa tempera 8 mitade auga mitade témpera).
- Deixa a bandexa no conxelador aproximadamente 30 minutos.
- Pon o pauciño en cada cor. Despois de 30 minutos a auga debería estar convertíndose en xeo, así o pauciño queda parado.
- Volve poñer a bandexa na nevera ata que os xeos estén listos. (mellor ao día seguinte)
- Xa tes auga en estado sólido para pintar!!!
- Fichas interactivas

liveworksheets.com
La hidrosfera, una ficha interactiva de MMG91
liveworksheets.com
liveworksheets.com
El ciclo del agua, una ficha interactiva de LVillanova
liveworksheets.com
A DISFRUTAR DE XOGOS E DA LECTURA!!!!
liveworksheets.com
A DISFRUTAR DE XOGOS E DA LECTURA!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario